13 de julio de 2011

Sobre o Tax Lease do naval

Unha denuncia ante o órgano europeo da competencia ben de poñer patas arriba de novo ó sector naval, e tamén pon en evidencia a existencia, desde o ano 2002 dun sistema fiscal específico para o naval que foi determinante na supervivencia do sector nos últimos anos. Pero compre falar deste asunto con un pouco de rigor e facer cando menos as seguintes afirmacións:

. O Tax Lease non é unha axuda pública ó sector naval, e un réxime fiscal específico que non só se aplica ó naval senón tamén noutros sectores en relación a outros produtos de investimento das empresas. Chamarlle axuda pública sería como dicir que os produtos sometidos a un IVA reducido están subvencionados polo Estado, simpremente teñen un tratamento fiscal propio. Ademáis, non pode verse como unha transgresión da libre competencia dado que na UE non existe unha armonización fiscal, por exemplo no imposto de sociedades.

. Dado que se trata dun mecanismo fiscal no que interveñen o armador, o estaleiro, un inversor e unha entidade bancaria, en ningún caso corresponde á Administración de Facenda ningunha autorización previa, esta simpremente procede a reintegrar as devolucións impositivas no momento que procede como a calquera contribuínte. Quenes si poden paralizar as operacións son as entidades financeiras, que ante as dúbidas derivadas do procedemento europeo non prestan ó inversor as cantidades necesarias para iniciar a operación.

. Por último, o Goberno estatal está traballando intensamente coa UE para defender o Tax Lease ou para, no seu caso implantar un sistema alternativo, consciente de que nel radica a supervivencia do sector naval no futuro. Para este obxectivo resultan especialmente imprudentes as manifestacións alarmistas do Presidente da Xunta e do seu Conselleiro de Economía e as súas afirmacións no senso de que se trata de axudas publicas.

. O Tax Lease púxose en marcha no ano 2002 e no seu día non foi sometido a informe previo das autoridades comunitarias, trámite que nos tería aforrado o actual desgusto. Unha vez máis a incompetencia dos Gobernos de Aznar pon en risco o naval e tócanos a nos afrontar e resolver as consecuencias dos seus entortos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hombre Xavier¡¡¡ cuanto tiempo¡¡¡.
Ultimamente los blogs "socialistas"
están como el tuyo,aletargados y mudos.Porque desde tu último post,han pasado muchas cosas,incluso el primer gobierno de la democracia que bajo el sueldo de los funcionarios.Pero bueno,ese es otro tema,que bien habeis pagado en las municipales....ahora solo queda que "Alfredo" corresponsable de la gestión de Zp, también pague la "íra" de la ciudadanía.

Te acuerdas de mis mensajes sobre la dependencia de la construcción de hace tres años....

Pero yendo al tema del que hablas,jajaja,es que siempre,le echais la culpa a aznar,que dejo el país más solvente de toda la historia de España.
¿Quien gobernó desde el 2004?.
Si esas tasas no estaban bien determinadas,vosotros tuvisteis tiempo de cambiarlas....
¿o no?.

que vaya bien.