Unha vez superada a presidencia de Diaz Ferranz ó fronte da CEOE, e coa sinatura do acordo de reforma das pensións, todo parecía indicar que se iniciaba unha nova etapa na representación patronal. Pero as posicións máis retrógradas seguen a ser maioritarias, polo que se ve, e mesmo preferirían para España un escenario de intervención como o de Portugal, para poder aplicar o seu programa máximo: despido libre e gratuíto, redución das cotas empresarias á Seguridade Social e eliminación da ultraactividade na negociación colectiva.
E mentres soñan cun Goberno do PP que lles cumpra os caprichos os pequenos e medianos empresarios seguen a pelexar có seu principal problema, O FINANCIAMENTO. Pero teñen que facelo sós e non teñen quen os represente colectivamente, porque na CEOE manda a banca e non se vai esixir nada a si mesma.
Ágora que se fala tanto de democracia real, eu boto en falla unha democracia real, pero representativa, en defensa dos intereses dos autónomos e pequenos empresarios que necesitan cada día pelexar cós bancos para resolver o financiamento da súa actividade. Polo que se ve á CEOE este problema non lle importa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario