22 de junio de 2010

Flexibilidade interna para parar os despidos

Reproduzo aquí o meu artigo publicado no Xornal de Galicia o pasado día 16 de xuño.
Empezarei por dicir que o tempo de negociación, aínda que non se chegase a acordo, non foi tempo perdido, serviu para debater en profundidade moitas materias e ir colocando propostas que son agora texto do Decreto, pero rematado o prazo o Goberno lexislou e optou por unha reforma equilibrada, non tanto dende o punto de vista de recoller propostas de cada parte, senón equilibradas en relación á realidade laboral do noso país.

O noso Mercado de Traballo sofre varias anomalías, a primeira é que para unha empresa en dificultades, resulta máis sinxelo despedir que reorganizar. Isto está a provocar que o primeiro recurso sexa prescindir de traballadores e logo, no caso de novas contratacións facer os axustes internos cós novos contratados. Na práctica, os cambios do que se ven en chamar condicións sustanciais de traballo son moi difíciles de aplicar e as cláusulas de descolgue practicamente imposibles. Para resolver esta cuestión, a reforma simplifica os procedementos de aplicación das medidas de flexibilidade interna, pero mantenas sometidas á negociación colectiva, ó arbitraxe e á tutela xudicial. Ademais, introduce o chamado modelo alemán para os EREs, que permitirá manter os postos de traballo reducindo a xornada cun complemento de salario público que compense a redución salarial resultante.

Outra anomalía é que non sendo o despido barato en España, segundo din os empresarios, si que é libre e incluso diría que caprichoso, de feito, que lóxica ten que o 80% dos despedimentos provocados pola crise económica se realizasen pola vía do despido disciplinario? Compre resolver esta cuestión, máis pola vía de causalizar o despido axustando a Lei á realidade que pola vía de alterar os custos e especialmente de reducir os dereitos dos traballadores. Por iso defínense mellor as causas do despedimento, dificultando especialmente o caprichoso e atópase unha fórmula de verdadeiro equilibrio, aportando dende o FOGASA 8 días de indemnización para manter o dereito dos traballadores á súa indemnización de 45 ou 33 días, segundo corresponda, reducindo nesta medida o custo para as empresas. Isto abórdase de xeito transitorio, xa que se anuncia a creación dun fondo específico para capitalización dos dereitos dos traballadores en caso de despedimento có que se reducirá considerablemente a tensión entre empresarios e traballadores polos custos do despido no futuro.

A terceira anomalía do noso mercado de traballo é a alta temporalidade. Para resolvela endurécense as condicións para o seu uso, có obxecto que deixe de ser é a porta de entrada que as empresas utilicen como período de proba. Trátase en definitiva de converter a contratación indefinida na norma e a temporal na excepción, conferindo ó contrato de traballo un maior nivel de flexibilidade interna e mecanismos de axuste anteriores e alternativos ó despedimento.
Estas son as razóns da reforma que tramitaremos polo procedemento de Proxecto de Lei, polo que tódolos grupos terán a oportunidade e a obriga de retratarse nas propostas que presenten. Non podía ser outro o procedemento dada a sentencia do Tribunal Constitucional que ante un recurso do Partido Socialista declarou inconstitucional o procedemento de Decreto Lei para a reforma que no seu día aprobou o Goberno de Aznar.

Finalmente dicir que comprendo a posición responsable dos sindicatos, a eles corresponde defender os dereitos dos traballadores ante unha representación empresarial cuestionada e politizada. Comprendo esa posición defensiva, pero nun momento como este o Goberno debe ser valente e apostar por cambios profundos que tenten resolver as anomalías do nosos mercado de traballo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

e isto o dí un ex traballador de bazan

Anónimo dijo...

e isto o dí un ex traballador de bazan

Xavier Carro Garrote dijo...

Precisamente si, un traballador de Bazán. A mentalidade e a práctica sindical e laboral da Bazán implica precisamente que a opción do despido non existe, salvo casos disciplinarios moi claros, e precisamente por iso prodúcse unha activa negociación permanente entre a empresa e os sindicatos ou comités de empresa. Pero esto non é o que pasa no mercado de traballo español, especialmente na pequena e mediana empresa privada. Máis ben é ó contrario, tal como digo no meu artigo a primeira opción do empresario, a máis sinxela é precisamente o despido. Esta é unha anomalía que pretendemos resolver con esta reforma, non sei si o conseguiremos, pero este é o noso obxectivo, como ves, perfectamente coherente coa visión das relaccións laborais dun traballador e sindicalista de Bazán.

Anónimo dijo...

Pepito grillo:

el fin del gobierno "más de izquierdas desde la segunda républica..."


Pues si que es fácil en política cambiar el discurso y las medidas de gobierno.

cheque bebé,bajada de sueldos,subidas de impuestos.

¿Lo siguiente?.Los 420 euros de los parados.
Y es que no me extraña que los blogs socialistas y demás,esten calladitos,porque a ver quien es el guapo,que explica esto.

Si antes anteponiais el gasto social por encima de reducir déficit,y ahora le dais la vuelta a la tortilla...
Pero bueno,yo ya te lo dije hace dos añitos.Con una economía cimentada en la construcción no se iba a ningún lado.Ahora lo que importa ya no es que vayais a perder las elecciones del 2012 (que están más que pérdidas con mayoría absoluta para el PP),porque mientras eso llega,vuestro crédito caerá aún más por los suelos,y municipales....

lo importante es que este mercado laboral (con una reforma laboral que no trae nada nuevo,será como Irlanda..),no tiene nichos de mercado donde generar un solo empleo,a no ser el estacional y poco más.

Porque lo de "la economía sostenible",se ha demostrado que era humo,y que lo único que traerá son subidas de la luz...


Pero bueno,podemos hacer otro Plan E, de eses,que tan buen resultados dío,total parece que lo único que impirta es hacer obras...
ah,y Astano,como siempre viendo las puestas de sol.

que vaya bien.

Anónimo dijo...

Haber cuando nos ilustras con una nueva tesis sobre Astano.¿No era con la presidencia de Zapatero cuando se solucionaba? ¡Que bien lo explicabas en canal 31!
¿Y que tal lo del carbón? Me imagino que os pondrian deberes para el verano y explicarnos a los ignorantes e indocumentados todo el bien que un tal ZP hace por España. Cerceda, As Pontes, Fene...