28 de abril de 2010

Fusión das Caixas. Vai de sobresaltos

Reproduzo aquí o meu artigo publicado no Xornal de Galicia do pasado día 25 de marzo.
Nun artigo anterior falaba da necesidade de definir o “para que” dun proceso de fusión, e pensei que esa cuestión quedaría resolta na reforma da Lei de Caixas de Galicia, que ahí era o momento de definir un modelo de Caixa Galega que respondera de certo ós obxectivos manifestados por todos “servir de sustento ó tecido produtivo galego” pero veuse que non, que só aproveitamos o trámite para pretender cambiar os equipos dirixentes, cousa que non me parece mal pero que non é suficiente.
Tamén falaba da falla de información sobre as verdadeiras razóns de cada parte para defender as posicións. Hai feitos recentes que cando menos sorprenden, como que precisamente días despois da dimisión do galego Quintás da Confederación Estatal de Caixas de Aforros se precipiten os acontecementos cara a unha fusión que parecía imposible horas antes. Porque unha Caixa quería a fusión e outra non?, porque o Goberno Galego tomaba partido a favor dunha delas con tanta belixerancia sobre a outra?, incluso teño incertezas das posicións do meu propio partido, pero cando todo parecía entrar nunca recta final de solución, este salto de circo da Xunta de recorrer o FROB non se entende.
Vaia por diante o meu recoñecemento de lexitimidade á Xunta para dar este paso, pero si o ían dar, porque agora e non cando se romperon as negociacións có Goberno Central? Porque agora que aparece por primeira vez o elemento necesario para o que veñen manifestando como obxectivo primeiro, a fusión?. A Xunta pode dar este paso, pero o Estado non deu aínda o último e finalmente a fusión pode ser pola forza da razón económica que segue escondida baixo o tapete.
Por outra banda, neste tema das Caixas sería bo que o Partido Popular se aclarase xa que o mesmo que esta semana votou no Congreso unha cousa e maila contraria apoiando a iniciativa do BNG en defensa da competencia da Xunta e outra propia negando tal cousa ás CCAA, se recorre o FROB farao contra unha lei que obtivo os seus propios votos no Parlamento.
Máis o bo das partidas de poker é que ó final hai que mostrar as cartas e cada vez se intúe con máis forza que a Feijoo só lle vale unha fusión na que poida controlar o seguinte paso, quizais o que ten pactado con Rodrigo Rato

No hay comentarios: