Reproduzo aquí o meu artigo do pasado xoves no Xornal de Galicia.
Agora toca arrimarse ó touro. Con esta frase dirixida a Rajoy rematou o Presidente Zapatero a súa última intervención no debate sobre a situación económica no Congreso dos Diputados. Estes debates sempre teñen un morbo especial, pero nesta ocasión quizais tiña aínda unha carga maior polos acontecementos da semana pasada na que a nosa bolsa sufriu un ataque especulativo e a nosa economía e a súa capacidade de recuperación foi posta en entredito por medios de comunicación internacionais.
A expectativa era pois alta e o nivel da crítica do PP tamén, loxicamente, e precisamente por iso as palabras e as posicións políticas teñen máis importancia. O Presidente propuxo a negociación dun Pacto de Estado sobre catro puntos concretos que abordan os principais problemas: a competitividade e o emprego, a política industrial e o modelo produtivo, a redución do déficit e a estabilidade do sistema financeiro e o fluxo dos cretos as empresas. Propuxo un temario, marcou un prazo, dous meses, e conformou unha comisión, a Vicepresidenta Elena Salgado, o Mº de Industria Miguel Sebastián e, aquí a nota relevante, o Mº de Fomento José Blanco. Esta incorporación é unha sinal clara de que a oferta está feita para sacar adiante un acordo e non para marea-la perdiz.
Esta iniciativa colocou ó PP e a Rajoy nunha posición moi complicada, porque non é compatible unha crítica durísima á política económica con unha negativa a poñer sobre a mesa propostas conxuntamente cós demais grupos da cámara para ver de acadar uns mínimos de consenso que axudaran á economía a saír adiante.
Rajoy optou por poñer condicións previas, e foi aínda peor, porque as súas condicións soaron a desculpa de mal pagador. Ninguén lle pide que acepte integramente as iniciativas do Goberno, pero os cidadáns esperan que ademais de falar da dureza da crise diga tamén o que el faría para resolvela, porque do contrario nunca acadará o rango de alternativa posible.
Finalmente amagou coa moción de censura e brindoulle a Zapatero unha vitoria dialéctica “si é valente preséntea”. Contestou que non tiña os votos e que o que deberíamos facer os deputados socialista era cambiar a Zapatero. Isto resultou especialmente sarcástico dada a presenza de Esperanza Aguirre na tribuna de invitados, dende onde outeaba a Rajoy seguramente pensando “que pouco che queda”.
A política, como a vida mesma, e dura e hai que saber estar disposto a mollarse, a comprometerse aínda cando os riscos son altos. Como me dicía o Ministro Rubalcaba cando no 2004 encaramos a enésima crise dos asteleiros en Ferrol, “como no te mojes acabaras siendo irelevante”. Isto é o que lle pode pasar a Rajoy, como non se molle, como non se arrime ó toro pode acabar na irrelevancia política.

No hay comentarios:
Publicar un comentario