8 de mayo de 2009

Feijóo denuncia "un agujero" de 600 millóns nos ingresos da Xunta

Isto si que é orixinal, "un agujero en los ingresos"...

Ou sexa, os gastos que os Presupostos da Xunta prevén para este ano non os van a levar a cabo porque se ingresaron 600 m€ menos do previsto. ¡Sr Feijoo, e logo non sabe que estamos en crise! ¡Non era vostede o que dicía que Touriño ocultaba a crise e Vd si que a coñecía ben!

Pois a diminución de ingresos públicos por mor da menor recadación de impostos elle Sr Feijoo unha consecuencia lóxica da caída do consumo... Pero Vd non ten problema, todo se resolverá segundo as receitas que propuña en campaña electoral cunha baixada de impostos.

Vedes como ó final aparecen as verdades... Xa están poñendo a desculpa para non acometer os investimentos previstos para este ano. Menos estradas, menos investimento nos colexios públicos, menos infraestructuras hospitalarias ou de centros de saúde etc.

A nosa posición é clara, en tempo de crise máis investimento público, aínda que teñamos que acodir ó endebedamento temporal.

Vedes como era mentira aquela cuadratura que dician en campaña de "menos impostos, máis investimento".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non te enganas nin un pelo, nesa terminoloxía de "Agujero en los ingresos" a palabras clave e "agujero" que está elixida para insinuar un fraude. O interese do PP non é recuperar a economía para mellorar os ingresos, senón utilizar a crise económica para botarlle as culpas ó bipartito. Como sempre malas artes