Este xoves día 7 de maio estarei no que foi o meu colexio de EGB, o Nicolás del Río de Cedeira. O motivo é unha iniciativa do profesorado do centro que están a organizar unha serie de charlas con persoas que fomos alumnos do colexio, e/ou que nacemos en Cedeira e hoxe estamos en actividades públicas relevantes en diversos eidos, a política, a música o deporte o periodismo etc.
Sindicalista de UGT, Deputado no Congreso e Senador polo PSdeG-PSOE nas lexislaturas VIII e IX
6 de mayo de 2009
Charla no Nicolás del Río en Cedeira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Onte os nenos e nenas do Colexio de Cedeira sometéronme a un terceiro grao de interrogatorio.
Evidentemente moitas preguntas versaron sobre as características da actividade política, canto se traballa, como se vive, canto se cobra, como se chega á política etc. Pero tamén houbo moitas sobre como se fan as Leis, como se aplican, quen as aplica.
Foi unha vez máis unha experiencia positiva, especialmente porque ás veces dende a escola os alumnos non perciben con claridade os distintos modelos profesionais có que impera certa imaxe moi televisiva de actividades públicas como a política, o periodismo, o deporte etc.
Publicar un comentario