12 de mayo de 2009

Debate do estado da Nación. Incomprensible Rajoy

Estou seguindo o Debate do estado da Nación en vivo e en directo, dende o Congreso dos Deputados e non saio do meu asombro. Despois dunha intervención nesta mañán do Presidente Zapatero na que incorporou ata 100 novas medidas contra a crise económica, pero sobretodo, fundamentando as mesmas na necesidade dun cambio de modelo productivo; Rajoy está totalmente ido, como si non tivera claro cal é o tono e o contido que quere dar á súa intervención. Rajoy estivo inconcreto, falto de propostas, sen convicción. O seu discurso e froxo incluso conceptualmente, confundindo métodos, efectos, causas, plans e medidas, pero sobre todo parece claro, tal como lle dixo Zapatero que o problema é que sabe que as medidas que realmente lle gustaría poñer en marcha non as comparten os cidadáns, como o abaratamento do despido, e por iso non se atreve a concretar.
Pero hai dous detalles que quero resaltar:
  • Nun momento da intervención de Rajoy dirixeuse ós Deputados e Senadores socialistas decíndonos que "non sabíamos ler". Está tan engreido que chega a cometer fallas de respecto tan penosas como estas.
  • Falando de educación dixo que mentras a política educativa de Obama é de calidade, a de Zapatero é un coladero. No fondo esta dereita sempre lle preocupa o mesmo "que calquera poida chegar a acadar unha educación", para privilexios xa están eles.

Non sei como puntuarán as enquisas as distintas intervencións, e seguramente a miña opinión non é moi obxectiva, pero penso que Rajoy non deu a talla neste debate.

No hay comentarios: