30 de marzo de 2009

Sobre as Eleccións do 1 de marzo

Como durante ese tempo tiven o Blog inactivo e agora reinicio pasadas as Eleccións, non quero dar a impresión de que non falo disto por mor dos resultados. Xa está dito case todo, pero cando menos a xeito de posicionamento persoal quixera dicir algunhas cousas:
  • A xestión do Goberno bipartito foi ampla e positiva para Galicia. Iniciáronse proxectos estratéxicos como o Saneamento das Rías, o Plan Ferrol, o Plan de Infraestruturas, ou Leis como a de Igualdade no Traballo, a de Servizos Sociais etc.
  • O Presidente Touriño foi un gran Presidente, comprometido có país, traballador arreo día tras día, que soubo ser esixente e corresponsabel có Goberno Estatal, cunha xestión especialmente positiva para Ferrolterra, con iniciativas tan importantes como o`propio Plan Ferrol, o saneamento do marxe sur da Ría, a Autovía Ferrol-Vilalba ou a VAC Ferrol-San Cibrao, o financiamento da Praza de España etc.
  • Son moitas as cousas boas que se fixeron, pero é certo que en algo fallamos, seguramente na explicación das políticas ós cidadáns. Quizais pensamos que só con facer as cousas ben a xente nos seguiría, e non é así. Hai que facer, explicar porque se fai e compartir os proxectos cós cidadáns.
  • En relación á unidade do Goberno, penso que a xente entende que cada partido teña o seu propio perfil, pero non tolera que un proxecto minoritario se aplique a toda a sociedade. Penso que o afán protagonista do BNG, especialmente de Quintana, Fernando Blanco e Aimerich, foi en aumento ó longo da lexislatura ata o punto de chegar niveis irritantes.
  • Do lado socialista cometeuse o mesmo erro á inversa, non se soubo plantar cara a determinados feitos e antepúxose a unidade do Goberno ós intereses xerais dos cidadáns. Por exemplo permitindo campañas como a de INdependencia ou o nome de Galescolas ou a bandeira no mandilón dos nenos, ou a frase de Fernando Blanco sobre a súa prevalencia sobre o Presidente no concurso eólico.
  • En definitiva, mentres o PSOE se obsesionaba pola "xestión" o BNG exaltaba a escenografía transmitindo unha imaxe conxunta desequilibrada en relación ó peso de cada un e á percepción cidadá da xestión.Agora a dereita quere gañar dúas veces, si, unha no 1 de marzo e outra colocando a responsabilidade da derrota non en erros concretos senón no feito mesmo do pacto.
  • No futuro temos que en primeiro lugar defender as políticas do Goberno socialista ante o PP, recompoñer os vínculos cós cidadáns e presentar un modelo claro e diferenciado da dereita un modelo Socialdemócrata no económico, galeguista na identidade e radical nos dereitos cidadáns.
  • Eu defendo para o futuro o entendemento con outras forzas, e en Galicia, tal como está o mapa político o PSOE e o BNG terán que entenderse na Xunta e nos Concellos, sexa para compartir goberno ou só apoio parlamentar. Terá que ser un entendemento sereno e non competitivo, xa que aínda que é certo que compartimos un segmento de electorado, tamén é certo que xente nosa nunca votará BNG e viceversa. Por isto debemos, chegado o caso, pactar as políticas, as formas e incluso os desacordos, para que cada partido poida responder claramente ante o seu electorado.
  • De outras polémicas como o da lingua hai moito que falar, simpremente dicir que nos fomos inxenuos e o PP falsario e irresponsábel. Ó meu entender as políticas lingüísticas hai que facelas pero non presumir delas, simpremente aplicalas con naturalidade.
Podería seguir ata non sei cando pero de momento queda aquí.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Que creés que los los votos que perdió el BNG fueron por imponer sus politicas? buen analisis

Anónimo dijo...

pepito grillo:

Previsibile crítica de la gestión realizada en la Xunta.
No me sorprende,ya que en política no existe la Autocritica.

"Todo se hizo bien,pero no lo hemos sabido explicar".

Debe ser que cuando uno se mueve en las altas esferas,desconecta de la realidad.Solo le interesan las cifras que favorecen su gestión.

La realidad,es que la Xunta estuvo gobernada por dos grupos totalmente diferentes,con la única idea común de chimpar al PP del poder.Y en Galicia siempre será así.O PP o bipartito psoe-bng.

Despues de 4 años:
El sector pesquero desmantelandose,en el agrario se va a llegar a un punto que va a haber más funcionarios que agricultores,arruinandose día tras día, y lo que queda del sector naval,Bazán sin contratos nuevos en los últimos años.En Astano,sin posibilidad de incorporar empleos y desaprovechado.Deslocalización de Citroen...

Es decir,los sectores productivos de este país.En el candelero.Para una región que siempre ha estado en crisis.

Por no hablar del envejecimiento de la población,abandono rural y emigración de los jovenes.

Esa es la realidad de Galicia.

Por cierto lo de
"O presidente de todos e contra ninguén", quedaba fatal...

Anónimo dijo...

Creo que el análisis del senador es corto y, precisamente, no incide en un enorme defecto del bipartito: el mantenimiento de las políticas clientelares fraguistas; a menudo, incluso con los mismos beneficiarios.
Y, desde luego, hay un error estratégico de Touriño al no adelantar las elecciones. POrque la política también es cálculo.

Xavier Carro Garrote dijo...

Seguramente os tres comentarios teñen tanta razón como o meu, é certo que non todo o fracaso se debe ás "imposicións" do BNG, tamén que a percepción de dous Gobernos foi negativa, ou que nalgúns ámbitos non se rachou coas políticas clientelares do fraguismo.

De tódolos xeitos os feitos son os feitos, o BNG baixou un escano e o PSOE mantivo os 25, a suma de votos PSOE-BNG supera ó PP, pero tanto o voto en branco como a aparición de candidaturas como Terra Galega e Rosa Díez configuraron este resultado en escanos.

Estou convencido que que se poden aportar moitas máis pequenas cousas, pero na miña opinión, ningunha delas xustifica por si soa o resultado.

Finalmente dicir que, perdéronse as eleccións pero eu sigo pensando que Touriño sería mellor Presidente que Feijoo, e que o noso programa e as nosas políticas serian mellores para Galicia.