Penso que non preciso engadir argumentos na dirección de que os cambios, e concretamente a sustitución de Magdalena Alvarez por José Blanco é unha boa noticia para Galicia. O novo Ministro de Fomento coñece Galicia e as súas necesidades de infraestruturas en profundidade, pero ademais é especialmente sensible ás necesidades de Ferrolterra como ten demostrado en moitas ocasións.
Escoito estes días as críticas do PP e quedo perplexo cando din que Zapatero "meteu o Partido dentro do Goberno", ¡señores! é que se trata dun Goberno Socialista, ¿algunha dúbida?
Non, ningunha, é un Goberno Socialista que está facendo unha política socialista: fortalecendo a protección social, aumentando o gasto público para reactivar a economía e aumentando a regulación do sistema financeiro para evitar novas crise do sistema. Políticas que se están aplicando en España e que son as que están triunfando nos foros internacionais como resposta ós excesos neoliberais que nos levaron a esta crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario