Neste período incerto entre Goberno e Goberno na Xunta de Galicia aumentan as expectativas sobre como abordará os problemas o novo executivo.
En Ferrolterra preocupa como afrontaran o Plan Ferrol. Preocúpalle ós Sindicatos e Empresarios, ós Alcaldes e tamén ós cidadáns.
Fai algúns días participei nun debate organizado polo Diario de Ferrol, e puiden comprobar que o PP ten moi pouca información e coñecemento da materia, que aínda non saíu da posición de criticalo todo só porque o fai o PSOE e sen unha posición clara sobre o futuro. De tódolos xeitos voulles dar unha marxe de confianza e fago votos por quer antepoñan os intereses de Ferrolterra e dos cidadáns á xustificación das súas posicións políticas.
Falouse no debate de moitas cifras, de que si se cumpría ou non, uns insistimos nas cifras que deu o Presidente Touriño na súa visita a Ferrol (3.000m€ de investimento, 1.700 postos de traballo directos e tódalas obras en licitación ou en execución); e outros seguen negando a existencia do obvio, incluso ante a evidencia dos proxectos empresariais que cada ano se veñen instalando na nosa comarca.
Por iso quero aportar algúns datos comparando a suma das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal có conxunto de Galicia para poder sacar algunha conclusión.
No cadro aparece a porcentaxe de cada elemento comparando Ferrolterra (Ferrol, Eume e Ortegal) có conxunto de Galicia. Os datos absolutos aparecen no cadro.
A fonte é o IGAPE, e son datos que foron entregados no seu día ós membros da Asociación Impulsora do Plan Ferrol, xa que forman parte do proceso de seguimento establecido. Son datos dos proxectos que apoia o IGAPE en Galicia, e queda claro, que aínda sendo un número de proxectos equitativo có peso da poboación, tanto os investimentos como os importes suvbencionados son moi superiores en Ferrolterra que en Galicia.
COMO CONCLUSION: O ESFORZO INVERSOR DA XUNTA E DO GOBERNO CENTRAL EN FERROLTERRATRIPLICA A MEDIA DE GALICIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario