28 de octubre de 2008

A gobernabilidad de Ferrol


Hoxe remata unha etapa de pacto en Ferrol entre o PSOE e EU. As razóns están na prensa e non quero insistir. Só un par de reflexións.


En primeiro lugar, pese ó que diga Yolanda, Vicente Irisarri foi tremendamente paciente e tolerante coas loucuras e estrabagancias de EU, que ademais foron en aumento nos últimos meses (tirar a casa do Concello, o plantón á Raíña, as esixencias fronte ó presuposto). Todas elas parecen claramente deseñadas para probocar e exceder a paciencia de Vicente, que non tivo máis remedio que dar por rematado un pacto esgotador e inestable. Por exemplo, no Parlamento Galego, o Goberno nunca perdeu unha votación, a pesares de producirse discrepancias serias en non poucos asuntos, pero o diálogo e o compromiso có Goberno sempre se impuxo. Yolanda nunca entendeu esta obriga dun socio de Goberno.

En segundo lugar foron precisamente as Concellerías de EU as que fracasaron na súa xestión, e á vista está, os baches de Obras, os conflitos sectarios permanentes en Cultura, os conflitos laborais e a inoperancia en Persoal, e a ausencia absoluta en Muller. Quizais foi a presión deste fracaso de xestión o que precipitou a Yolanda á ruptura. Sempre é máis fácil predicar que dar trigo.

En terceiro lugar cabe destacar que no Pleno de onte, ademais do tema da Lei de Grandes Cidades, aprobáronse outros 3 asuntos: a reforma da Praza de Armas, as instalacións subterráneas da Praza de España e outro referente ás taxas. Cada un aprobouse cunha maioría diferente. Ese e Ferrol, unha cidade diversa, sen maiorías absolutas. Esta foi a situación da cidade nas últimas lexislaturas.

En cuarto lugar, confío absolutamente no futuro. Porque confío en Vicente, na súa capacidade de liderar o Goberno e a Cidade, porque conta ademais cun bo grupo municipal, e porque creo que pasada a euforia do PP destes días, terán que, ou deixar gobernar ou presentar unha alternativa. Confío en que nos diferentes grupos se antepoña o intres xeral da cidade sobre o cortoplacismo da revancha política.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

pero o psoe e monarquico ou republicano

Xavier Carro Garrote dijo...

O PSOE é un partido de tradición republicana, que formou parte dos Gobernos Republicanos e que foi inspirador dos principios que a Constitución Republicana recollía.

Na actualidade, como sabes, durante o proceso de transición á democracia, tódolos partidos con representación parlamentaria, incluído o Partido Comunista, aceptamos constituír unha Monarquía Parlamentaria nos termos que recolle a Constitución do 1978, que foi ademais aprobada en Referendum.

Persoalmente, creo que tanto por xustiza histórica como por eficiencia e calidade democrática deberíamos configurarnos como unha República Federal, pero non vexo posibilidades reais a curto ou medio prazo de acadar este obxectivo.

A Monarquía Parlamentaria non é o meu modelo ideal, pero está servindo para acadar o período de paz, democracia e prosperidade máis longo da nosa historia.

Anónimo dijo...

Estimado compañero soy de los que piensa que mejor solos que mal acompañados, y si bien es cierto que nuestra amiga de IU, entro con muy buen pie, esta fuera del ayuntamiento para siempre dado que muchos de sus votos son de señoras del PP que le han prestado su voto confiando en ella para un cambio, no para hacer manifiesto de ir a su interés partidario que no partidista.
Por otro lado es verdad que el Sr. Irisarri esta mas desaparecido que uno de los mas buscados de España y el resto de los concejales ni se les conoce.
Por otro lado soy votante, afiliado y militante participativo del PSOE de Ferrol y tu idea política me importa muy poco a mi la que me importa es la idea de Partido así que ... si eres republicano, monárquico o jacobino me da igual tu misión es trabajar por la comarca que te ha puesto en el Senado.

Anónimo dijo...

Benquerido Xavier, entra en www.rojillo.com e verás o post "Agente 009" que che fará lembrar unha conversa que tivemos na presentación do programa ás eleccións de marzo. Saúde e saúdos.

Monica dijo...

Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

www.peronosfera.ning.com
www.buenosairesperonista.blogspot.com