Levo bastantes meses sen escribir nada neste blog, en parte porque escribir ocupa tempo, pero tamén porque a maioría dos comentarios son anónimos, e un ten a impresión de estar debatendo sempre coa mesma persoa ou grupo có resultado final de dar un sesgo tendencioso ós debates.
Levo reflexionado sobre a conveniencia de continuar con este medio de comunicación e sobre o meu compromiso inicial de publicar tódolos comentarios, e confeso que non cheguei aínda a unha conclusión.
De momento voulle dar un novo impulso e seguirei escribindo as miñas reflexións. Invito a todos os que o seguides visitando a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario