20 de octubre de 2008

Presupostos e acción política

Os Presupostos Xerais do Estado son motivo de debate político porque Ferrolterra é unha comarca con amplias necesidades de investimento. Durante anos, os orzamentos asignábannos contias inferiores ós 50 m€ de media, 16m€ no ano 2004. Dende o ano 2005, con Gobernos socialistas, estamos en cifras de 150m€ de media, con 155m€ para o ano 2009. Ante estas cifras, sempre que me preguntan si son “suficientes”, digo que non, que 30 anos de crisis non se resolven cós presupostos dun ano, nin siquera dunha lexislatura. Por isto o importante é que este nivel de investimento se sosteña dende o ano 2005 ó 2013.

Sobre os PGE deste ano, hai que dicir que se dotan suficientemente tódalas obras que están en marcha, garantíndose así a súa finalización nos prazos previstos, e que se aposta pola economía productiva cun incremento do 40% das partidas do Plan Ferrol.

Pero, como xa teño dito, falta unha partida, imprescindible, para o acceso por ferrocarril ó Porto de Caneliñas. Esta é a miña posición, sábeno os axentes económicos e sociais, sábeno os cidadáns e sábeno tamén os responsables do Ministerio de Fomento. Esta posición é compartida polo Alcalde de Ferrol, polos representantes do Partido na comarca, polo Presidente da Xunta, pero sobre todo, polos sindicatos e empresarios e polos cidadáns. Este apoio representa un activo fundamental. Nel confío, porque creo que cando temos un obxectivo colectivo tan importante como este, temos que sumar complicidades e apoios, porque os representantes políticos temos a forza que nos da o apoio cidadán.

Sorpréndeme as críticas que dende responsables do BNG se están facendo nos últimos días á miña posición. Resulta cando menos contraditorio que se me critique por defender unha reivindicación unánime na comarca, e ó mesmo tempo de non cumprir coa miña responsabilidade de defender os intereses do territorio que represento. Sempre tiven claro que a miña responsabilidade é a de defender os intereses de Ferrolterra en Madrid. Non discuto nin valoro as posicións dos demais, pero non admito neste ámbito ningunha lección. Comecei o meu traballo como Deputado reclamando, e conseguindo a posta en marcha dun Plan de Reindustrialización, tódolos anos presentei emendas ós PGE conseguindo ampliar as partidas incluídas no primeiro proxecto, opúxenme á privatización de ASTANO que pretendían o BNG e o PP, e sobre todo intento día a día escoitar ós cidadáns e ós seus representantes, principalmente ós empresarios e sindicatos que están facendo historia en Ferrol. Si, por primeira vez na nosa historia sindicatos, empresarios e Administracións Públicas traballan coordinadamente para construír un futuro esperanzador despois de tantos anos de depresión.

Só se bota en falla unha posición razoable por parte do PP e do BNG. O primeiro está modulando a súa posición cara a un recoñecemento maior do Plan Ferrol e da Asociación Impulsora, pero o BNG segue perdido nun ataque de celos. No fondo non poden soportar que sendo titulares na Xunta da Consellería de Industria, sexa o PSOE o que está desenvolvendo unha potente política industrial en Ferrolterra. Quizais, para “cumprir coa súa responsabilidade” os representantes do BNG deberían esixir o cumprimento do compromiso do Conselleiro de Industria sobre aquel invento da Axencia de Desenvolvemento Industrial Galega, que se ia instalar en Ferrol có obxecto de concentrar tódalas iniciativas industriais de Galicia.

Compre lembrar que os Presupostos do ano 2008, que non recollen unha partida para o tren a Caneliñas, recibiron o voto favorable do BNG, e polo tanto este partido e os seus representantes son corresponsables na falla dunha partida específica para o tren ó porto. Tiveron ocasión de introducila na negociación que deu lugar ó seu voto favorable, pero supeditaron este obxectivo a outros. Eles saberán porqué.

Espero que, finalmente o senso común se impoña e o BNG apoie unha vez máis os presupostos, pero que esta vez teñamos partida para Caneliñas. Si é así eu aplaudirei ós que voten a favor teñan o carné que teñan.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Tienes mas cara que espalda, ¿como puedes responsabilizar de los presupuestos generales del estado a un partido que solo tiene 2 diputados en madrid?
Según tu no hay partidas en los presupuestos del 2008 por culpa del BNG por votarlos y del PP por no votar las enmiendas en el senado, pero el PSOE (que es quien los propone) no es responsable. lo dicho mucha cara es lo que tu tienes

Xavier Carro Garrote dijo...

Creo que liche mal o meu artigo. Reproduzo de novo a frase "Compre lembrar que os Presupostos do ano 2008, que non recollen unha partida para o tren a Caneliñas, recibiron o voto favorable do BNG, e polo tanto este partido e os seus representantes son CORRESPONSABLES na falla dunha partida específica para o tren ó porto".

Si utilizo a palabra CORRESPONSABLES é porque asumo a nosa parte de responsabilidade.

O presuposto que se aprobou foi o que resultou do debate do Congreso (debido ó veto do Senado) e foi o froito dunha negociación entre o PSOE e outros grupos. Na negociación có BNG, este non pediu unha partida para esta infraestrutura, senón para outras cousas. Por isto, tódolos que os votamos somos "corresponsables" do seu contido e das súas carencias.

Anónimo dijo...

Pepito Grillo:

Es cierto,que bien que te opusiste a la privatización de Astano,aún recuerdo cuando prometías que una gran empresa(no naval) se asentaría en el astillero.

Sigues equivocado en todos los aspectos.
Privatizar,para generar riqueza,para aprovechar lo poco que nos puede dar empleo,en un sector,por el cual el Psoe ,desde 1984,nunca dío un duro,y vaya si os habeis equivocado.Ni eolico,ni biodisesel (AMBOS SECTORES SUBVECIONADOS),el sector naval civil,con pedidos hasta 2014,que en Ferrol habeis denostado y que en vigo va a tener que absorver miles de parados del automobil.
Ahí te pongo un video muy ilustrativo:

http://www.youtube.com/watch?v=SLSbg1lusBE