4 de septiembre de 2008

Futbol, linguaxe internacional

Xa sabemos, e non é novidade que o Fútbol é un deporte internacional, que move paixóns e cartos en todo o mundo. Tamén sabemos todos que as competicións futbolísticas son dos eventos máis seguidos en televisión; pero a súa influencia vai máis aló, estase a converter, ou tense xa convertido nunha linguaxe universal.

Neste mes de agosto tocoume "xogar" algún partido có meu fillo pequeno (6 anos) e os seus amigos nun campeiro diante do parque da praia da Madalena. Comezábamos o partido tres ou catro pequenos e algún pai pero pouco a pouco ían engadíndose xogadores a cada equipo. Por alí pasaron ademais de madrileños vascos ou cataláns algún inglés, danes, brasileiros e ata dous nenos saharauís.

Por suposto todos sabían xogar ó Fútbol, recoñecían os córners e os penaltis e sabían mais do regulamento do que souben eu nunca, pero o máis curioso é o "procedemento de incorporación ó xogo". Todos, sen distinción de nacionalidade ou idioma seguían o mesmo procedemento: primeiro un achegamento á banda esperando unha invitación para xogar, logo unha pregunta ¿de quen é a pelota? e por fin ¿poido xogar?.

Ás veces as preguntas eran en castelán, ás veces en galego, en brasileiro ou en inglés e incluso ás veces por señas, pero sempre en linguaxe Fútbol...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

El fútbol es cojonudo, amigo, y una de las mayores escuelas de comportamiento que existen, incluso cuando los chavales no tienen entrenador.

Anónimo dijo...

Hola Xavier,

Te hago saber que el blog de NNGG de Ripollet ya se encuentra disponible.

Dirección:
http://nnggripollet.blogspot.com/