4 de septiembre de 2008

Mariano e Garzón

O Xuíz Garzón está intentando abrir causas penais polos asasinatos da Guerra Civil e a represión franquista. Non sei si a iniciativa terá éxito xurídico ou non, pero penso que é de xustiza. Por suposto polas razóns que expoñen as asociacións da recuperación da memoria histórica, que comparto, pero ademais porque resultaba demasiado estraño e incomprensible que a xustiza española se declare competente para investigar e xulgar as desaparicións de dictaduras en Chile ou Arxentina e sexa incompetente para investigar e xulgar as que sucederon aquí.

Sei que se trata dun asunto opinable, e que dende unha mirada ireflesiva e quizais superficial se poida pensar que agora xa foi, e que non ganamos nada con "remexer o pasado". Non é certo, creo que non podemos como sociedade democrática estender a sombra do esquecemento sobre esta realidade, que temos que dar satisfacción ás familias e reparar o reparable, pero tamén, si nalgún caso estivera vivo algún culpable deberíamos aplicarlle a condea correspondente.

Mariano Rajoy saíu xa en contra, acaba de votar terra sobre todo o centrismo que recolleu no congreso de Valencia, acaba de perder quizais a última oportunidade do PP para cortar ataduras có franquismo, con esta posición, os argumentos coiunturalistas zumegan no fondo o mesmo sentimento de culpa que debería ter a Iglesia Católica.

En Galicia, na represión franquista, e así foi en Cedeira, o cura facía a lista dos fusilados e os fascistas detíñanos e matabanos, agora case 70 anos despois a xustiza quere investigar o que pasou, a dereita non quere recordar e a Iglesia tampouco. ¿seguirán sendo os mesmos...?

No hay comentarios: