11 de septiembre de 2008

Ante a crise ¿como animamos a demanda, con protección social ou con rebaixas de impostos?

"Sostiene Mariano" que para saír da crise temos que rebaixar impostos ás empresas para que creen emprego e critica a política de Zapatero de fortalecer a protección social.

Non resulta novo que a dereita defenda rebaixas de impostos e adelgazamento do Estado, o que si é novo é que un Goberno afirme con rotundidade que manterá e mellorará a protección social para que non paguen a crise os de sempre.

Non está demostrado, en absoluto, senón máis ben o contrario que rebaixando impostos, baixando salarios e abaratando o despido se cree emprego. Estas receitas non deron resultado no pasado, nin na crise do 81 con UCD, nin nas do 88 e 93 con Felipe nin na do 2001 con Aznar. Sempre se fixeron recortes sociais sen que tiveran ningún efecto positivo sobre a macroeconomía e tendo efectos desbastadores sobre a microeconomía das familias.

Eu tamén creo que hai que animar a demanda, potenciar que non se produza unha caída do consumo, pero iso non se consegue con reducións de impostos e achicamento do Estado, senón cunha forte protección por desemprego, e mellorando o poder adquisitivo das pensións máis baixas, de xeito que se garantan ingresos ós traballadores que perdan o emprego, que os hai e os haberá, e ós colectivos con menos recursos. Certo que hai que formar e reinsetalos noutros sectores ós parados da construción, e que si é posible se deben empregar en iniciativas públicas de traballos para a comunidade, por exemplo en colaboración coas corporacións locais, a quen lles viría bárbaro contar con persoal que non poden pagar con recursos propios.

Quizais noutros momentos non nos podíamos permitir esta receita para saír dunha crise, porque a nosa débeda pública era máis do dobre da actual, ou porque tíñamos que financiar grandes recortes en sectores estratéxicos para cumprir coas condicións que Europa nos impoñía, pero agora, a nosa economía está saneada, temos un nivel de endebedamento que non acada o 37% do PIB, temos 4 anos consecutivos ás costas de superávit presupostario, e sobre todo temos o convencemento político, e tamén ideolóxico de que non podemos cargar as consecuencias dos excesos duns poucos sobre as costas dos traballadores.

No hay comentarios: