O Sr Mariano di que ofrece consenso ó Presidente Zapatero para afrontar a crise e os Presupostos do Estado. Fala por falar, coma sempre, nin está disposto a apoiar os PGE, nin o consenso que ofrece é sincero.
O Partido Popular, e moi especialmente o seu Presidente, Mariano Rajoy, confunden consenso con claudicación do contrario. Xa o vimos na anterior lexislatura có tema do terrorismo, só era posible unha posición de consenso si o Goberno claudicaba das súas posicións. Pero ademais, cando as circunstancias da ruptura da tregua finalizaron có intento de negociación, e o Goberno volveu á política no pacto antiterrorista, nin así o PP foi capaz de ofrecer un consenso claro, e cada vez que Mariano fai unha declaración sobre o tema introduce a apostila de "porque no se puede negociar ...".
En relación á crise o PP está a propor as mesmas medidas que provocaron os problemas na economía americana, e ofrece un consenso claudicante ó Goberno, segundo o cal este debería aprobar os presupostos que o PP diga. Pois meus señores do PP, para aprobar uns presupostos de dereitas, con recorte do gasto social, con conxelación dos soldos dos funcionarios, con reformas laborais que abaraten o despido ou que desprotexan ós traballadores, con recortes nas políticas de integración de inmigrantes ou na Lei de Dependencia, para iso deben gañar unhas eleccións.
Pero tamén disto estaría ben falar. O PP sempre atribúe as derrotas electorais a razóns exóxenas, no 2004 foron os atentados de Madrid, dos que chegaron a dicir que o PSOE era autor intelectual. E no 2008 foi a "mentira do PSOE sobre a crise económica". Esquecen, neste caso que as cifras macroeconómicas fainas públicas o Goberno, que non ocultou ningunha en ningún momento, e que o propio PP no seu programa electoral falaba dun crecemento económico para o 2008 do 2,5%.
Pois iso, nin os atentados de Madrid nin a crise económica, a única razón pola que o PP perdeu as eleccións e o PSOE as gañou é o voto dos cidadáns, que expresan así, libremente, en quen confían máis para levar as redas do pais. Por iso, para que exista un consenso entre o Goberno e calquera partido da oposición, correspóndelle ó goberno marcar as directrices básicas e ós demais mellorar as propostas con aportacións particulares que non contra digan a esencia da posición de quen goberna. Isto foi o que fixo o PSOE cando estibo na oposición e terá que aprendelo o PP si quere que os cidadáns recoñezan nel vontade sincera de diálogo e de consenso.
4 comentarios:
Pepito Grillo:
Siempre con el PP...
Dime si tuvo algún efecto lo de los 200 euros,sino que vaciar las arcas del estado.
Negar negasteis la crisis,y se veía venir desde el 2007.
El desplome de la construcción estaba cantado,pero no interesaba hablar de el,te acuerdas de Carmé Chacon en la BBC...
Y es que a España no vinieron miles de cientificosa mejorar la productividad del país,sino un montón de mano de obra barata sin cualificar,que ahora lastrará las cuentas del estado.
Curioso cambio de rumbo en la politica migratoria,planes de regreso(que no funcionan,eliminación en origen....
Pero bueno no hay que ser gurú para saber que en poco tiempo habrá 3 millones de parados y despues 3,5,y a saber donde parará.
Y es que Xavier,España vivio en una nube de humo.Las empresas de mi sector no utilizan tecnología española.Los departamentos de innovación,están fuera de España.
Eso aquí no existe.
Fijate en las Renault,Opel,Ford,Volkswagen,que están esperando el momento para irse a Tunez ,Turquía...porque España no puede competir con esos paises,solo aporta mano de obra y aquí es más cara.
Y es que no era normal,que en un país,cualquier paleto,se convirtiese en especulador y se forrase en uno dos años.
Ese fue el negocio de España,o ultimamente, traer unos obreros rumanos,portugueses y montar una subcontrata de lo que sea para trabajar para Sacyr,dragados...
De ahí que aunque se aumente la obra publica,el personal será en su mayoría extranjero,y el paro siga sin descender(fijate en las obras del AVE,cuantos gallegos hay).
y seguimos diciendo que superaremos a Francia...con la que se nos viene encima.
Pero bueno,aunque tu opinión sea diferente,el tiempo da y quita razones,y las cifras ahí estarán.
Pero falando de Ferrolterra,que a mí es lo que me interesa,me gustaría saber tu opinión sobre la iniciativa de recogida de firmas
para que Astano,pueda hacer barcos.
Por cierto tu amiga Sestayo a votado a favor en Santiago.
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/09/24/0003_7165949.htm
Amigo Xabier: Ben está que te ocupes de grandes cousas, pero non esquezas as pequenas. Vexo que a foto do teu blog está tomada na praia de Cedeira. Si tes un minutiño, mira unha foto que aparece no meu blog (www.diazmaseda.blogspot.com) para que vexas como está o noso querido areal. Unha forte aperta. Maseda.
Sempre có catastrofismo...
A medida dos 400€ serviu para compensar gastos extras das familias tanto pola suba das hipotecas como polo encarecemento dos carburantes ou dos prezos en xeral. O que non parece moi coherente é queixarse de que as familias teñen dificultades, e cando se lles da unha axuda directa criticala. Ou unha cousa ou a outra, pero as dúas críticas non caben, son contraditorias.
Vexo que ti tamén andas ás voltas con ese rolo de que negamos a crise.
En primeiro lugar quen publica a maioría dos datos que describen a situación económica é o Goberno, que o fixo puntualmente sen ocultación de ningún tipo. Non como facía o Goberno Fraga en Galicia que non publicaba os datos de precariedade laboral nin as listas de espera da sanidade.
En segundo lugar, as previsións do Goberno fóronse revisando ó mesmo ritmo que as de outros organismos internacionais, e mesmo o PP no seu programa electoral nin falaba de crise nin propoñía medida algunha en contra dela.
De tódolos xeitos, xa ves cales son as causas que a produciron e as alternativas que se propoñen fronte a ela. As causas son políticas conservadoras e neoliberais e as receitas son políticas intervencionistas de corte socialdemócrata.
As causas 3:
-Capitalismo voraz e especulativo do sector financieiro que nace en EEUU pola laxitude da Administración Neocon, e que se estende a outros países. Por certo España está aguantando mellor que os demais.
-Subida dos prezos do petróleo e dos alimentos polas derivacións das políticas enerxéticas alternativas a este.
-En España o pinchazo da burbulla inmobiliaria, que se formou precisamente dende a entrada en vigor da Lei do Suelo do PP de Aznar.
As solucións que se propoñen son todas na dirección de que os Estados interveñan os mercados e as empresas financeiras afectadas. Pero tamén aquí hai diferencias, mentres Bush pretende dar diñeiro dos contribuíntes ás empresas sen contrapartidas, outros esixen precisamente compensacións para os contribuíntes, para o Estado e que as axudas sexan incompatibles con superindemnizacións ós directivos que provocaron a crise.
En España o Goberno está actuando con sensatez, cuns presupostos austeros que non recortan o gasto social, porque prexudicaría a quen máis o necesita; e sen recortar o investimento en infraestruturas, educación ou I+D+I, porque son os factores que nos axudaran a saír antes e mellor da crise.
Fronte a isto o amigo Mariano anda dando tombos, dicindo bobadas, para non recoñecer explicitamente que as súas receitas son as mesmas que provocaron esta situación de crise. En definitiva: menos Estado, menos regulación, menos impostos, menos dereitos, menos protección social, simplemente có argumento,archifracasado, de que o mercado o arranxa todo.
Si que tes razón nunha cousa, as cifras e o tempo dan e quitan razóns, e como isto quedará escrito e con data neste blog, pois xa veremos...
Por certo, non sei porque preguntas, si a iniciativa de sinaturas da que me falas cabe dentro do cumprimento do acordo do 2004 estou a favor, e se non cabe en contra. Porque defendo o acordo nas duras e nas maduras como expresei o pasado venres ós Comités de Empresa.
Pepito Grillo:
Vamos a ver:
El 11 de enero de 2008,Zp dijo que ibamos camino del pleno empleo.
En plena campaña,se negó que hubiese una crisis,más bien una coyuntura economica adversa temporal.
Si tan seguro estás de que no estamos en un autentico desastre ,mojate y pon un límite en el número de parados que tu consideras desastre.
No hay ninguna autocritica en la gestión de este gobierno.
Eso sí,ahora dices,que habeis heredado un país cuyo motor economico era la construcción.
Menudo descubrimiento.
Habeis tenido 5 años para cambiar esa tendencia.Porque la construcción era previsible que se pararía.
Hace muchos meses te decía lo mismo,y me mandabas un link del ministerio.
Esas empresas,se sostenían gracias al ladrillo..
Pero claro,la culpa,de lo que pasa ahora,como no,de Aznar...
Que ese señor hace años que se fue.
Algún tipo de responsabilidad habrá que asumir,en este país donde nadie es cesado,y nadie dimite.
Si sigues creyendo que la culpa del paro,es por las subprime,mal vamos,y mal solucionaremos el problema,(aunque en la sociedad cuela).
La "crisis" va para largo,más bien lo que va a suceder es la
Portugalización de España.
Mira como llevan estos ultimos años...
Por último,y aunque no creo que contestes sobre esto,una frase
"lo mejor para os traballadores de Astano no coincide con lo mejor para la comarca de Ferrolterra"
Que vaya bien.
Publicar un comentario