5 de junio de 2007

REGANOSA, non debe imperar o interés privado sobre a legalidade

Onte gravamos un debate en LOCALIA sobre REGANOSA, podedes velo hoxe, pero gustaríame dicir algunhas cousas, porque creo que compre poñer un pouco de orde e claridade neste asunto. Para esto empezarei por unha consideración previa, logo a miña posición, algunhas consideracións e finalmente propostas de futuro.

Unha consideración previa.
Durante o Goberno de Felipe Gonzalez, acordouse ubicar unha Planta de Gas no entorno do Cabo Prioriño, o que deu lugar ó proxecto do Porto Exterior que albergaría esta instalación. Máis tarde os Gobernos de Fraga e Aznar adoptaron dúas medidas nefastas para Ferrol e Comarca, unha, meter a Planta de Gas en Mugardos, e outra traer a Transcantábrica por Vilalba e non pola costa de Ortegal, para maior pleitesía ó lugar de nacemento do Ministro de Franco.

A miña posición
Penso que a Planta de Gas debería terse construido en Caneliñas, pero esa non é a realidade coa que nos atopamos cando chegamos ó goberno, polo que debemos garantir, en primeiro lugar que se cumpla a legalidade. Ningunha empresa privada, por poderosa que sexa, pode doblegar a legalidade nun Estado de Dereito, pero tampouco podemos permitir que a lexítima movilización social converta en verdades absolutas medias verdades ou aspectos que están pendentes de fallo xudicial.

Algunhas consideracións
Resulta evidente que hai un conflicto complexo e con elementos de seguridade, medioambientais, efectos sobre colectivos como os mariscadores, xudiciais etc. Pois ben debemos diseccionar cada un dos aspectos para non acabar en pura simplificación maniquea.
  • En Materia de seguridade está primeiro a cuestión das distancias. Non parece que a cuestión sexa tan sinxela si tras dúas sentencias, ningunha delas entra na cuestión. É certo que a norma fala de distancias, pero tamén cabe a posibilidade de compensalas con medidas adicionais de seguridade. En todo caso corresponde ós Xuizes dictaminar sobre a cuestión.
  • A principal preocupación é a posibilidade de explosión que denuncian os séus detractores. Neste aspecto confésome lego, sinto non poder tranquilizarvos, pero si confío en que a normativa européa, estatal e autonómica delimita altos maxes de seguridade.
  • Tamén está a cuestión do Plan de Emerxencia Exterior, está por facer, e deberá facerse tal como a lei obriga, do mesmo xeito que un novo Estudo de Impacto Ambiental si a xusticia así o dictamina.
  • No eido medioambiental a primeira cuestión é o tema da temperatura da auga. Cito aquí o estudio de Victoriano Urgorri que descarta efectos sobre o medio marino pola variación de temperatura, pero en todo caso poden establecerse mecanismos de vixilancia permanente no caso de que a Planta entre en funcionamento.
  • Denúncianse efectos negativos sobre sobre o colectivos de mariscadores, debén evaluarse e compensarse si é o caso.
  • Finalmente está un amplio abano de procedementos xudiciais, uns sobre o propio proceso de construcción da Planta e outro sobre a situación do Patrón Maior da Cofraría de Ferrol. Nesta materia non cabe outro remedio nin outra posición que esperar o resultado das sentencias.

Propostas de futuro

  1. Dende as Administracións competentes debemos traballar para que se recupere a confianza, non debe caber a mínima dúbida de que as cousas se fan ben, de que se esixe o cumprimento da lei con tódalas consecuencias.
  2. Hai que abordar cada aspecto de xeito concreto, e poñer en marcha solucións concertadas cós colectivos afectados.
  3. Si as sentencias xudiciais obrigan a levar a cabo accións concretas de modificación da construcción, de implementación de medidas de seguridade, ou de paralización, as AAPP competentes deberán garantir o cumprimento das sentencias.
  4. En calqueira caso os cidadáns deben saber que a Planta de Gas só entraría en funcionamento si se cumpre completamente coa legalidade.
  5. Neste caso deberán poñerse en marcha mecanismos de seguimento sobre os posibles efectos medioambientais e de seguridade.

En definitiva, á vista das movilizacións e dos argumentos esgrimidos nos últimos días parece que estamos a falar dun país do terceiro mundo. Compre recuperar a confianza, abrir canles de solución do conflicto e estar preparados para asumir que quizais as verdades que pensamos inalterables non o son tanto. Preocúpame especialmente que se traslade unha imaxe de Ferrol como unha cidade en guerra. Non estamos a falar dun conflicto de curta duración, polo que non podemos plantexarnos como estratexia de futuro manter o actual clima de tensión indefinidamente.

Confío na capacidade dos dirixentes do movimento de protesta e tamén na solvencia e bó funcionamento das institucións, polo que estou convencido de que é posible reconducir o conflicto cara a un camiño de solución.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei como non che da vergoña mentir con tanto descaro. Agora para o PSOE Reganosa é un morto que se atopou cando chegou á Xunta. ¿Quéresme dicir que o PSOE existe dende verán do 2005? ¿Que fixestes antes a prol ou en contra da planta? Foi un alcalde do PSOE de Mugardos o que recalificou os terreos para permitir á planta de gas instalarse en Punta Promontorio. Eu son mugardés, coñezo a postura que os socialistas de Mugardos tiveron dende o principio sobre a planta, e teño a sensación de que os do PSOE estádesnos tomando por imbéciles.

Anónimo dijo...

es una pena que sea un representante del PSOE el que tenga que ir a la tv a defender a reganosa cuando el PSOE no tiene nada que ver?.Sr carro Hay otros metodos para actuar contra los manifestantes sin recurrir a las cargas policiales indiscriminadas(identificación y denuncia de los violentos).

Xavier Carro Garrote dijo...

Ó primeiro comentario anónimo dígolle que efectivamente o PSOE existe dende moito antes do 2005, de feito foi un Goberno de Felipe Gonzalez o que decideu facer unha Planta de gas en Caneliñas e construir alí un Porto para albergala.

Pero non tódolos socialistas somos clones que decimos e opinamos o mesmo ó longo do tempo.

Ó segundo anónimo dígolle que ou me expresei moi mal na TV ou quizais faltaba no programa a presencia dun representante do partido que levou a Planta a Mugardos (PP).

A miña posición está clara na entrada do meu Blog, eu non defendo a REGANOSA, pero ainda postos na hipótesis de non permitir a súa apertura e propor o traslado, entraríamos nun proceso complexo con consecuencias xurídicas e económicas impredecibles. Ademais un goberno non pode tomar unha decisión dese tipo arbitrariamente.

Por eso resulta ineludible a conclusión dos procedementos xudiciais abertos.

Anónimo dijo...

Estimado Xosé Carro: Non dis mentira cando escribes,mais tampouco dis toda a verdade. Sen entrar na corrupción de fondo de todo este asunto. Tantos anos de gobernos da dereita na Galiza deron para muito chanchullo e sobre todo logo tendo un goberno amigo en Madrid. Non podes fuxir do teu pasado xunto ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que algo disto sabes. Para isto están as hemerotecas, fotos incluidas, ademais ainda non morreron moitos dos compañeiros e compañeiras que contigocompartían as mesmas preocupacións e obxectivos. Ven sabes, porque tonto non eres, que desde as administracións podese facer case todo e ven sabes quen goberna no Concello de Ferrol, na Xunta e en Madrid. Só fai falta vontade política ...
Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente o asentamento da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos
FUNDAMENTO 1º: Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.
FUNDAMENTO 2º: Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).
FUNDAMENTO 3º: Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).
FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)
FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998
FUNDAMENTO 6º : Non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado (GNL). Ano 2001