30 de mayo de 2007

O PSOE sube o 51% dos votos na comarca, dende Mañón a Pontedeume

Tal como publica hoxe a Voz de Galicia, o O PSOE sube o 51% dos votos na comarca, dende Mañón a Pontedeume.

Evidentemente, nunhas eleccións municipais sempre xogan factores locais, polo que compre facer unha análise concreta concello a concello, pero ante un resultado tan claro parece que debe haber causas comúns.

A primeira e máis repetida é: "a inercia do poder na Deputación, na Xunta e no Goberno Central trasladase con forza ós concellos". Esto é certo sen dúbida, pero, por unha banda esto afectaría por igual a toda Galicia, ou a toda a provincia, e non foi así, e tamén esta mesma circunstancia poderia converterse nun lastre si estes gobernos estiberan mal considerados polos cidadáns.

Por esto creo que a formulación correcta deste fenómeno seria: "as políticas, as medidas, as solucións que os gobernos socialistas Central, Autonómico e da Deputación propoñen para Ferrol e comarca son percibidas positivamente polos cidadáns" .

Dende logo os socialistas asumimos este novo tempo cun enorme sentimento de responsabilidade, como dicia Vicente Irisarri fuxindo da política espectáculo e indo á raiz dos problemas para resolvelos. Este novo esceario permitiranos fortalecer o proceso de reindustrialización que temos iniciado, os investimentos en infraestructuras, desenvolver o Plan Ferrol que presentou o Presidente da Xunta recentemente e fortalecer a colaboración entre os concellos da comarca redinamizando a manconunidade e formulando políticas concertadas comarcalmente.

Hai moito traballo que facer, temos moitas ganas de facelo e para conseguilo necesitamos a axuda de todos, tamén de vosoutros internautas cós vosos consellos, críticas e suxerencias.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Podedes estar contentos que tendes unhas bases que no as merecedes; porque dende logo con axudas e deputados que pasan toda a lexislatura empeñados en lexislar asuntos de escaso interes para o pobo, non fan falla enemigos.

José Carlos: dijo...

Xavier, enhora buena por los resultados, nosotros los guardias Civiles demócrátas seguimos esperando el cumplimiento de vuestras promesas , los depedidos por demócratas siguen sin poder darle de comer a sus familias, un saludo.

Anónimo dijo...

Agora que ides gobernar no teu pobo a través de Vergara e TeGa (ou iso din), estaría ben que unha das primeiras medidas fora cambiar a bandeira de Galicia que hai no concello. A de España está en moi bon estado, limpiña e como nova, pero a galega non só está rota, senón que hai tanto tempo que non a moven que mesmo medran as enredadeiras pola corda!! Significativo, non si?

Anónimo dijo...

Hola

A ver se lle adicas aun comentario e analise a situacion creada en Ferrol estes dias coas protestas contra Reganosa, a detencion de Bastida, as cargas policiais, e a exitosa manifestacion do domingo.

Saudos dende o Asteleiro (ou o que queda de el)
Alvaro Seco.

Xavier Carro Garrote dijo...

Ó que firma como Cedeira dígolle que si, efectivamente temos unhas bases, no Partido Socialista, que dignifican a existencia do mesmo, e que son a explicación de que teñamos 125 anos de historia. Pero non poido compartir a túa valoración sobre o feito nesta lexislatura, que pasará á historia como a lexislatura con máis contido social, con máis medidas de redistribución da riqueza e na que máis avanzaron os dereitos sociais. Podería facerche unha lista, pero é mellor que consultes os resultados na páxina do Congreso congreso.es

Xavier Carro Garrote dijo...

En relación a José Carlos, a pasada semana aprobamos no Congreso a nova Ley que rexirá o exercicio dos dereitos fundamentais da Garda Civil, espero que no trámite parlamentario acertemos a cumprir os compromisos con vosoutros.

Xavier Carro Garrote dijo...

Finalmente, tomo nota do tema da bandeira galega do concello de Cedeira, pero asegúroche que cambiarán moitas máis cousas

Xavier Carro Garrote dijo...

A Alvaro Seco:

Mañán escribirei unha entrada sobre REGANOSA.