Está cerrado un pacto de goberno en Cedeira entre o PSdeG-PSOE, BNG e TEGA, despois de varios días de negociación. Como tódalas negociacións foi complexa e xogaron nela factores de fondo e de forma, así como xogos de confianzas máis ou menos intensas.
Ata aquí todo normal, pero quixera destacar dous aspectos que me parecen importantes, en primeiro lugar o inicio da negociación. No primeiro contacto que o PSOE mantivo cós dous grupos falouse do modelo de goberno, con coincidencias plenas en canto á necesidade de imprimir á actividade Municipal un dinamismo que ten perdido nos últimos anos, e ningunha formación puxo condicións previas nin se fixeron peticións concretas de áreas de goberno.
O outro aspecto que quero destacar é que o acordo se presentará e explicará publicamente nun acto aberto ós cidadáns o vindeiro venres no Auditorio municipal, donde se porán a dispor dos presentes copias do texto que da lugar ó Pacto de Goberno. Será polo tanto a primeira vez que un acontecemento así se produce en Cedeira e penso que representa ben ás claras a vontade de transparencia das forzas asinantes.
Onte á tarde pechábase o acordo ó tempo que o actual Alcalde en funcións viaxaba cara a Roma para se entrevistar có Papa e có embaixador no Vaticano, ¡uf! de que douas cuitas nos libramos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario