Debo comezar dicindo que a folga foi un éxito sen paliativos que debe apuntarse no haber dos sindicatos convocantes. Cumpríronse ademais tres feitos salientables e novos en democracia: escasos incidentes, cumprimento dos servizos mínimos alí onde foron pactados e unha posición de respecto ós convocantes, ás súas reivindicacións e ó papel que o movemento sindical desempeña na nosa sociedade por parte do Goberno de Zapatero.
Resúltame perfectamente comprensible a posición sindical. Non só por razóns persoais, senón porque nunha situación na que se produce a maior crise dos últimos oitenta anos, provocada pola cobiza do capitalismo, que Manuel Rivas chamaba “capitalismo impaciente”, polos excesos do sector financieiro internacional, polo neoliberalismo máis radical, con resultados nefastos en todo o mundo, pero especialmente sobre o emprego do noso país; que é capaz de crear moitos postos de traballo en períodos de crecemento, pero non é quen de conservalos durante as crises; con catro millóns de parados sobre a mesa, coa dereita político-mediática encirrando ós sindicatos contra o Goberno e coa Patronal conxurada a facer fracasar o diálogo social, a folga xeral estaba cantada.
A convocatoria coincide cunha mobilización europea a prol dunha saída da crise máis preocupada polo benestar dos cidadáns que polos mercados, solucións que en gran parte non están nas mans dun único Estado, senón dun consenso internacional que non parece imposible, pero si difícil e seguramente insuficiente na concreción das medidas a aplicar como a Taxa Tobin.
Nos ataques sindicais contra a política do Goberno están implícitas as circunstancias que o forzaron a tomalas. Non se trata dun xiro ideolóxico do Presidente, senón da necesidade imperiosa de romper as desconfianzas dos mercados para evitar que o custo da débeda se coma a capacidade da nosa economía para manter e desenvolver no futuro as políticas sociais e os investimentos públicos.
Nestas circunstancias o éxito da folga fortalece as posicións sindicais e obriga ó Goberno a abrir, a construír un novo marco de diálogo e pacto cós sindicatos, con ou sen a Patronal, que é quen queda máis descolgada neste novo escenario. Pero os contidos deses pactos teñen o límite que marca precisamente esa necesaria confianza dos mercados na nosa economía, polo que as reivindicacións terán que ser ben medidas e ben axeitadas ós contidos e prazos posibles, para non romper os equilibrios que nos están permitindo recuperar posicións e recoñecemento como economía fiable.
Ó meu entender hai campo suficiente para o diálogo e o acordo, quedan reformas importantes por facer, e poden facerse doutro xeito si son consensuadas cós sindicatos, quedan ata dezaoito normas de desenvolvemento da reforma laboral, e incluso esta mesma norma pódese reformar a medio prazo si os resultados así o aconsellan.
Un Goberno socialista ten que escoitar ós cidadáns, especialmente á súa base social, por iso persoalmente son partidario dun xesto claro na dirección de recuperar o diálogo social e de reequilibrar a presión dos custos da saída da crise cara a sectores da sociedade que, de momento, non están contribuíndo na medida que si o fan os traballadores, os funcionarios ou os pensionistas. Nesta dirección apuntan as reformas fiscais que se recollen nos Presupostos Xerais do Estado que gravan ás rendas máis altas. Pero quedan outros ámbitos con marxe para actuar como o fraude fiscal, as Políticas Activas de Emprego, o desenvolvemento do chamado Sistema Austríaco, a relación entre a Formación Profesional Regrada e a que depende de empresarios e sindicatos, a intermediación laboral, o fortalecemento da Negociación Colectiva e incluso o financiamento da Igrexa Católica.
O movemento sindical e o Partido Socialista sempre camiñamos na mesma dirección cara ós mesmos obxectivos, para construír unha sociedade máis xusta e solidaria, con sistemas de protección social fortes que faciliten unha efectiva igualdade de oportunidades. As mas das veces fixémolo da man, e outras só camiñando en paralelo, pero as metas e o comiño son os mesmos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario