As irregularidades no exercicio do voto dos españois no exterior pon de manifesto a necesidade de reformar os procedementos e incluso o mesmo dereito ó voto dun colectivo que medra a un ritmo superior á poboación residente. Pero isto non nos pode levar a recortar dereitos civís ós nosos parentes da diáspora sen pararnos a reflexionar sobre o significado deste feito.
En Cedeira, o meu pobo, hai tres escolas construídas nos anos vinte do século pasado polas sociedades cedeiresas na Habana. Nunha delas aprendín a ler e a vivir e invádeme un sentimento de gratitude para aqueles que se foron e non nos esqueceron, en tempos nos que aló se estaba mellor que aquí. Quizais por isto non son capaz de sentirme orgulloso de corresponder ós seus netos, que son os meus primos, que teñen aínda propiedades e dereitos de herdanzas en Galicia, retirándolles o dereito ó voto.
Parece como si tódolos votos que veñen de fora estiveran suxeitos a sospeita, pero pola contra, non nos alarmamos cando o PP organiza o carrexo de votantes elección tras elección ó longo de toda Galicia, acaso estes votos son menos fraudulentos que aqueles?. Pois ben, nin uns nin outros, debemos modificar os procedementos de voto no exterior para garantir o exercicio persoal, intransferible e libre deste dereito, sexa ou non en furna, xa que hai recursos e técnicas suficientes para garantir a calidade democrática do proceso, fágase.
Pero resolto isto, deben ter dereito ó voto os cidadáns con nacionalidade española que residen no exterior? Depende, ou dito doutro xeito, si en determinadas circunstancias, concretamente en atención á súa condición de ser suxeitos de dereitos, servizos e prestacións que emanan de decisións das distintas Administracións Públicas. Baixo esta lóxica non parece razoable que voten nas eleccións municipais, xa que dende os Concellos nada se decide en relación a este colectivo de cidadáns. Pero si dende a Xunta de Galicia ou dende o Goberno do Estado. Recentemente, o Presidente Feijoo tomou a decisión de pechar a delegación galega en Bos Aires. Na lexislatura anterior o Goberno de Zapatero aprobou o Estatuto dos Españois Residentes no Exterior. Á vista disto, parece lóxico que estando afectados polas decisións políticas dos Gobernos e Parlamentos galego e estatal teñan dereito a decidir sobre a composición de ámbalas dúas cámaras.
Podemos discutir en que proporción ou de que xeito, pode ser nunha circunscrición específica ou non, podemos asinarlles un número de escanos como a unha provincia ou non, pero debemos ter claro que votan para decidir, que ese é o seu dereito, tan lexítimo como o meu.
Finalmente penso que temos unha débeda pendente coa nosa diáspora e con nos mesmos, nunca fomos capaces de crear, de tecer unha verdadeira rede de complicidades entre a nosa emigración e os intereses de Galicia. Temos galegos en todo o mundo e moitos deles forman parte de gobernos e dominan sectores produtivos e financeiros en países como México, Arxentina, Uruguai, Venezuela etc, e en vez de traballar para constituír unha comunidade potente, estamos falando de retirarlles o voto. Que ben nos viría ter un lobbi galego que nos axudara neste momento de crise, por exemplo comprando R en vez de darlla ós británicos.
1 comentario:
peito grillo:
Bueno hacía tiempo que no escribía nada.Poco importa.Las cosas seguirán siempre igual.
Los temas veo que son los de siempre.
La estrategia de ensuciar al Feijoo,la fusión de las cajas (que me importa un bledo)....si aún quedan 3 años de legislatura...la estrategia elegida por el PsdG supongo.
Bastante diferente de lo que le importa a los ciudadanos,el paro,la crisis.Los problemas de Ferrolterra,el tren al puerto (ese que todo lo solucionará...jaja)...la camará de comercio,a la cual dice adios tu amigo Paco.
Pero saliendo de esa realidad virtual en la que vivís los socialistas,ese optimismo crónico (o electoral),que os aparta de la realidad social,donde cada día entran más y más personas en las colas del paro,los comedores socialiales de LA IGLESIA,dime donde están los resultados de la política de Zapatero.
Decenas de medidas que no han servido para evitar una sangría de desempleados.
Pongan en la mesa sus resultados.
¿Cuales son?.
Palabras y más palabras huecas,vacías de contenido,inacción.
Solo las subidas estacionales del empleo,os darán aire,para llegar renqueando a unas elecciones municipales que os aguardará un palo electoral sideral.Porque eso es lo único que os importa.
Porque lo único que va a quedar en 2012 va a ser un solar,donde las únicas medidas que van a quedar serán recortes de pensiones,de funcionarios,privatizaciones...y ya veremos si es suficiente.
Porque algo me da que esos calculos hechos por tu presidente de recorte de déficit,no están realizados con 4500.000 parados,y ya sabemos que vuestras predicciones no tienen ninguna credibilidad (solo para afiliados),y eso lo saben en España y fuera.
Como me fastidía tener siempre la razón.
saludos cordiales.
Publicar un comentario