1 de octubre de 2009

PGE 2010 Zapatero cumpre con Ferrolterra

Un ano máis, ante os Orzamentos do Estado vemos valoracións de todo tipo, tanto no que respecta ó ámbito estatal, galego ou da nosa comarca. En primeiro lugar dicir que tódalas opinións son lícitas e teñen algunha parte de realidade aínda que sexa parcial, polo que non pretendo rebater ou desmentir ningunha das críticas que se poidan expresar. Pero si direi algunhas cousas:

Son os PGE dun ano especial, dun ano en crise cunha redución de ingresos forte provocada pola baixada da actividade económica, polo que pódese optar por reducir os gastos, ou sexa inevitablemente os investimentos, ou por mantendo os investimentos subir os impostos ou aumentar a débeda. Cada unha das opcións ten vantaxes e inconvintes, pero este Goberno optou por unha subida moderada de impostos para manter os investimentos e o gasto social sen hipotecar coa débeda ás xeneracións futuras. Outras florituras, máis dialécticas que reais, como a redución de Ministerios ou do gasto corrente son irrelevantes cuantitativamente fronte ás necesidades de gasto. Hai que lembrar que a supresión dun Ministerio non supón que as funcións que asumía desaparezan, simpremente pasan a outro con toda a carga de funcionarios edificios etc.

En Galicia, os tres partidos con representación parlamentaria pactamos reclamar do Estado un investimento do 8% do total dos investimentos estatais nos PGE. Este ano a porcentaxe sitúase no 8,43%, polo tanto cúmprese ese obxectivo, mantense a senda inversora e cúmprese cós compromisos asinados entre o Presidente da Xunta e o Ministro de Fomento.

En Ferrolterra, excluíndo o Mº de Defensa, xa non incorpora partidas para os seus buques, porque xa están feitos, os investimentos aumentan de 132m€ a 155m€. Hai partidas para tódolos proxectos en marcha e mantéñense as axudas do Plan Ferrol con 65m€.

Este panorama demostra, unha vez máis, que dende o ano 2004 o Goberno de Zapatero está cumprindo con Ferrol, que se está apostando por completar as infraestruturas e por reindustrializar, diversificando o tecido produtivo. Tamén queda patente que 30 anos de crise nos se resolven cuns orzamentos, que fai falla un investimento alto e sostido no tempo, que é o que estamos a facer. Aínda así costa ver o final do túnel, sobre todo porque esta crise financieira internacional freou o ritmo de crecemento dos últimos anos, pero estamos convencidos de que este é o camiño e nel seguiremos andando.

PRESUPUESTOS GENERALES DEL ESTADO 2010
Comarcas De Ferrol, Eume Y Ortegal


SEPI
Inversiones en Navantia 19.674,00
Suelo Empresarial del Atlántico (Polígono de Leixa) 18.334,00
Total SEPI 38.008,00

MINISTERIO DE FOMENTO
Acceso al Puerto de El Ferrol 200,00
AVE Ferrol-A Coruña (estudios) 2.000,00
Conexión ferroviaria de Ferrol con el Puerto exterior 2.000,00
Puerto Exterior de Ferrol-San Cibrao 18.932,00
total fomento 23.132,00

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE
Obras de del cruce e impulsión de A Malata 4.610,00
Colector General de Ferrol 5.535,00
Depuración y vertido Ferrol 10.216,00
Emisario Submarino Cabo Prioriño, vertido de Ferrol 7.058,00
total medio ambiente 27.419,00

MINISTERIO DE CULTURA
Plan Director Castillo de el Ferrol 255,00

MINISTERIO DE INDUSTRIA
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

Ent. Públicas. Reestructuración. Comarca de El Ferrol 800,00
Ent. Locales. Reestructuración. Comarca de El Ferrol 887,87
Ent. Sin ánimo de lucro. Reest. Comarca de El Ferrol 800,00
PRESTAMOS
Ent. Públicas. Reindustrialización en Comarca de El Ferrol 8.568,00
Empresas privadas. Rein. en Comarca de El Ferrol 54.064,00
total industria 65.119,87
TOTAL 153.933

3 comentarios:

Anónimo dijo...

noticiasgalicia.- La coyuntura económica se deja notar para la zona de Ferrol en el proyecto de los Presupuestos Generales del Estado para el 2010, que reflejan un saldo conjunto de casi 116 millones de euros. Un 25% menos que en el 2009, cuando se destinaron 155,2 millones. Los fondos de Industria para la reactivación económica de las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal los que suponen el grueso de las partidas.

El grupo de ministerios los que aportan los fondos para la ciudad son además de Industria, Fomento que inyectará -incluyendo también en este apartado a Puertos del Estado- 23,1 millones de euros, diez menos que el pasado ejercicio.

Las buenas noticias llegan de la mano de los dos millones de euros que se reservan para el desarrollo de estudios para traer la alta velocidad a Ferrol y, sobre todo, porque al fin se consigna la misma cantidad, otros dos millones, para el enlace ferroviario a Caneliñas, que se encuentra en su fase de estudios. Medio Ambiente también rebaja su aportación con respecto al pasado ejercicio. Pone sobre la mesa, inicialmente, 27,4 millones de euros para obras relacionadas con la depuradora de cabo Prioriño.

En el 2009 fueron 32,5. Es el departamento que dirige Carme Chacón un inversor habitual por la fabricación de nuevos buques en los astilleros de Navantia el que más recorte efectúa, nada para el 2010.Ni rastro de la sexta F-100, también prometida en la última reconversión, ni fondos para la F-105, en construcción. Sí se prevé que en el 2011 se abonen más de 56 millones de euros para sufragar parte del coste del programa de fabricación de ese navío de guerra.

Xavier Carro Garrote dijo...

Un bo exemplo de como se pode terxiversar a valoración de algo tan claro como as cifras do presuposto.

Tódolos anos dou información dos investimentos por Ministerios, e tal como opinan sempre algúns medios de comunicación, non considero os presupostos de Defensa como investimentos, dado que a súa función é para facer barcos que logo non quedan como capital físico na comarca.

Ben, pois este ano non hai orzamento en Defensa porque as Fragatas están xa construídas, Navantia seguirá ingresando recursos para manter a actividade, pero procederán da Armada Australiana e polo tanto non estarán nos nosos PGE.

En calquera caso, se engadimos Defensa a diferencia é de 1,5m€ menos que o ano pasado e sen Defensa 21m€ máis. Botade as contas sobre 153,933m€ e veredes que esas porcentaxes do 25% non aparecen por ningunha parte.

Luís dijo...

Sr. Carro, non dubido do seu esforzo por esta comarca, e aínda que todos queremos mais, o importante é que esos orzamentos se executen.
Son de vital importancia para esta comarca, e vostede o sabe, o tren a Caneliñas e unha liña ferroviaría a Ferrol do S.XXI para pasaxeiros e para sacar esas mercancias do porto.
O AVE Atlántico é Ferrol-Portugal e non Coruña-Vigo.
Pára rematar e, dándolle gracias polo seu tempo e polo seu traballo, gustaríame decirlle que é xusto que unha persoa de Noia poida arranxar os seus papeis na delegación de tráfico de Santiago, pero non é xusto que un Cedeirés(como vostede) non poida amañar esos papeis en Ferrol