17 de septiembre de 2009

De volta no Congreso dos Diputados

Despois do meu paso polo Senado regreso ó Congreso a ocupar o escano que deixa vacante o Exministro Cesar Antonio Molina. Asumo esta nova etapa con ilusión nun momento crucial para a posta en marcha da chegada do AVE a Ferrol e ó Porto Exterior, para o impulso do Plan Ferrol ata o horizonte do 2013, unha vez que a Xunta está de feito, aínda que non de dito, afastándose desta iniciativa coa suspensión da Comisión de Seguimento e coa paralización de ferramentas como o Fondo de Capital Risco de 12m€.
Reinicio esta actividade cunha reunión mañá mesmo no Mº de Fomento para tratar todo o relativo ó tren xunto con Vicente Irisarri e Angel Mato. Será unha reunión de traballo, con moitos papeis e planos para analizar en profundidade tódolos elementos que poden intervir no proceso.
Dende estas liñas, unha vez máis póñome ó dispor de tódolos cidadáns para servir de canle de comunicación có Goberno de Zapatero, especialmente ás organizacións sociais, empresariais, concellos e outras institucións de Ferrolterra.

5 comentarios:

Unknown dijo...

Que maravilla que nos volvas a representar como deputado nas Cortes. Sempre é un motivo de satisfacción da xente de Ferrolterra, que coñecemos e valoramos a túa actividade ao longo destes ano, traballando por e para todos nos.
Noraboa, e a darlle duro.

Xabier Pita Wonenburger dijo...

Si solo vas a defender a Ferrol mal vamos

Anónimo dijo...

Me alegro mucho que vuelvas al Congreso, espero que sigas trabajando tanto como lo hacías, ahora no estoy para comprobarlo, pero estoy segura que lo harás como siempre, con alegría y buen humor.
Enhorabuena y a trabajar.
(Por cierto, escríbeme o llámame cuando tengas un rato)
Cristina Rivas.

Teresa (Pobra) dijo...

Trasmites enerxía e entusiasmo, continua así.
Parabens!!!

Xavier Carro Garrote dijo...

Grazas polo ánimo que me dades. Evidentemente non só defenderei a Ferrol, sobre todo defendo un proxecto político, que en Ferrolterra ten unha plasmación concreta.

Sempre entendín que os representantes políticos temos que conxugar esa dobre filiación ó territorio, ou mellor dito ás persoas do entorno que representamos e ás ideas do Partido polo que concorremos ás eleccións.