Recentemente foi o propio Presidente da Real Academia Galega quen deu unha firme reprimenda ó Presidente da Xunta durante a cerimonia de entrega do premio 'Casa dos poetas' na localidade ourensá de Celanova, que na súa edición de 2009 recaeu nesta institución académica. Barreiro acusou ao Goberno galego de "remover as augas" da lingua ata o punto de instalar a "crispación no país".
Os partidos políticos da oposición parlamentaria, PSdeG-PSOE e BNG que suman máis votos que o Partido Popular, a Mesa pola Normalización lingüística, os Sindicatos UGT, CCOO e CIG, a maioría dos intelectuais do país e agora a propia Real Academia da Lingua coinciden en afirmar que o Goberno de Feijoo está atacando a lingua galega, que está provocando un conflito que non existía. En fronte Feijoo e os do PP que por disciplina calan, aínda que non asuman a posición oficial, e un grupo chamado Galicia Bilingüe, que salta á fama en plena campaña electoral entre fotos de Quintana e coches de Touriño, falan dunha Galicia na que o castelán está en perigo.
Certamente fomos moitos os que pensamos que aqueles excesos eran só unha estrataxema electoral sen fundamento no ideario dun PP, que ata con Fraga asumía o Galego como unha sinal de identidade xa non do país senón do mesmo partido. Canto desexo que esta afirmación sexa certa!. Que esteamos unicamente nunha maraña mediático-estratéxico-política da que para saír o Sr Feijoo necesita unha luz. Si é así, por favor que lle regalen unha lapa, un facho, unha lumeirada se fai falla!. Pero que deixen de ameazar á nosa lingua.
O Presidente da Xunta está atrapado polos seus excesos verbais, polas súas promesas electorais feitas máis para facer mal ó adversario político que para facer ben a Galicia e ós galegos e galegas. E agora qué? Agora, en vez de recuar e recuperala cordura, insiste en dar carta de natureza a feitos falsos como dicir que o castelán está en perigo en Galicia.
E unha actitude política ben infame, que non respecta unha mínima mesura, sentido de estado e de responsabilidade política. E non é a primeira vez que o PP actúa así, elaborando toda unha estratexia sobre a base dunha mentira, en Galicia negando a traxedia do Prestige ou das vacas tolas, logo enchendo as corredoiras de carteis dun Plan Galicia ó que nunca puxeron presuposto, no Estado coa guerra de Iraq e a gran mentira das armas de destrución masiva, có 11M acusando á policía e ó Partido Socialista de pactar con ETA a comisión do atentado, e máis recentemente acusando ó Goberno de Zapatero de escoitas ilegais sen fundamento, cando son eles mesmos os que se espían e os que se denuncian uns ós outros, sempre polo mesmo, por cartos.
O Sr Feijoo ten un problema, xa non estamos en campaña, aqueles asesores agresivos que lle aportaban xenialidades para mancar a Touriño e a Quintana non valen para resolver os problemas do día a día do goberno. Baixe Sr Presidente do atril dos mitins de campaña e séntese na cadeira que encabeza o Consello da Xunta con responsabilidade.

1 comentario:
No hay que alimentar a la bestia. La mejor manera de que no haya crispación lingüística es no entrando a sus trapos. La "enquisa do galego" se lanzó para dejar a la sociedad lo suficientemente cansada como para colarnos la retirada de la gratuidad de los libros. O el dedo no dejó ver el sol.
Publicar un comentario