Home, isto do gasto xa se sabe, cada un establece as súas prioridades, e estes dous, Feijoo e Rajoy, foron os que decidiron iniciar a Cidade da Cultura ou levar as nosas tropas a Iraq, para eles eran “prioridades de gasto”. No fondo, este novo discurso só pretende levar adiante, con outro envoltorio, a mesma política económica que nos levou á crise: “menos Estado e máis Mercado”. Neste intre esta soflama soa mal, por iso son necesarios novos termos para seguir xustificando as políticas da dereita de sempre.
E estes que reclaman austeridade cunha man, coa outra esixen máis gasto. Montoro pide que se aprace o acordo sobre financiamento autonómico para non subir o gasto mentres as súas Comunidades Autónomas piden máis cartos, e ó final resolven o espectáculo coa abstención de tódalas Comunidades do PP ó novo sistema. Ó meu entender, lonxe de saír do entorto, queda en evidencia unha posición partidaria que deixa ós cidadáns en segundo plano. Non pode ser que o novo sistema sexa bo para tódalas Comunidades do PSOE e malo para as do PP. Madrid, Valencia e Cataluña teñen as mesmas características e saen beneficiadas pola poboación. Estremadura, as dúas Castelas e Galicia comparten e benefícianse do envellecemento, e da dispersión. O razoable sería que o PP concretase cales son, ó seu entender, as eivas do novo modelo indistintamente de a quen beneficie e ó marxe de xeneralidades como que “son antisociais”, pero esta posición de “colle os cartos e corre” non é seria.
O mesmo ocorre cos investimentos en infraestruturas. O Goberno de Feijoo percorre o territorio galego recortando investimentos que tiña comprometidos o Goberno de Touriño; a depuradora en Vigo, os hospitais de Vigo e Pontevedra, a depuración da marxe sur da Ría de Ferrol, etc. Argumentan os recortes por un “furado nos ingresos” , que venche sendo que por mor da crise recadamos menos impostos. Pero suponse que ese furado nos ingresos non será só galego, tamén lle sucederá o mesmo ó Goberno Central, pero, velaí que a este esíxelle ó mesmo tempo austeridade e máis investimento, e para maior escarnio tamén rebaixas de impostos.
Menos mal que fronte a esta morea de contradicións o Goberno de Zapatero está a facer unha política de Estado profundamente autonómica, comprendendo que as Comunidades Autónomas son Estado, que necesitan un financiamento superior ó que tiñan có modelo pactado entre o PP e CIU, e tamén uns investimentos do Estado que reequilibren as dotacións en infraestruturas.
Galicia mantén un financiamento por enriba do seu peso económico e de poboación, o Estado investirá no AVE 4.000 millóns de €, e temos que aproveitar isto como unha oportunidade. Non podemos culpar sempre a España e a Europa dos nosos males, temos recursos económicos e políticos propios suficientes para ser donos do noso futuro e dende a Xunta teñen a responsabilidade de empregalos eficazmente para o ben de Galicia.
5 comentarios:
CEOE=AZNAR=RAJOY=FEIJOO=P.E.
Sr. Carro, ¿Cuánto apostamos a que el Gobierno del P.E., al que Vd.apoya y tanto defiende, se baja los pantalones ante la CEOE y sus 'amigos empresarios' en menos que canta un gallo?
¡Da pena ver a un Gobierno que teóricamente debería apoyar a los trabajadores y clases más humildes hacer que hicieron, hacen y harán siempre que gobiernen!
¡Da pena ver que fueron y son precisamente los gobiernos del P.E.
los que más por cu..lo nos dieron, dan y seguirán dando a los trabajadores cuando obstentan el poder!.
¿Por qué no eliminan la S. y la O. de sus siglas?
Pois meu amigo paréceme que te equivocas, non será este Goberno quen se axionlle ante a Patronal senon quen lle plantará cara. Porque non é aceptable que os empresarios queiran aprobeitarse da crise para implantar as súas pretensións de sempre. Con Zapatero non pasaran
Eso no se lo cree ni VD.MISMO, ni 'gharto de vino', como diría cualquiera de sus colegas de 'Al-Andalus'.
Y sino tiempo al tiempo ¡'SENADOR'!
Non hai nada que esperar, só hai que comprobar o que foi a pòlítica económica e social deste Goberno dende o primeiro día aló polo ano 2004. O proceso de diálogo social da pasada lexislatura foi o máis extenso e intenso dos últimos 30 anos con importantísimos avances nos dereitos dos traballadores, tanto nos por conta allea como os autónomos. Nas políticas sociais só as subidas do Salario Mínimo e das Pensións Mínimas corroboran perfectamente o marcado caracter social deste Goberno.
Gustei do seu artigo sobre a lingua no Xornal, que xa se pode ler na edición dixital. Agardo que persoas coma vostede xunto con outras do seu partido e espero que outras do BNG tapen calquera posible fenda que Feijoo trate de abrir na oposición co tema da lingua. Non é unha cuestión calquera, é importante e nela non valen os partidismos. Deitoume algo máis tranquilo trala lectura do seu artigo. parabéns.
Publicar un comentario