20 de mayo de 2009

En defensa do Galego

Reproduzo aquí o meu artigo que publica hoxe o Xornal de Galicia.

 O número de homes e mulleres que falan Galego é, seguramente, o mesmo agora que antes das Eleccións Autonómicas, pero agora sinto con angustia como a nosa lingua está en perigo porque, como dicía Pachi Vázquez na ofrenda floral na tumba de Ramón Piñeiro, “O principal perigo do Galego é o Goberno de Feijoo”. O Presidente da Xunta está actuando con irresponsabilidade errática có único obxectivo de encher o capizo con trinta moedas de votos. Espero que fracase nesta traizón á lingua que debería defender como representante de tódolos galegos e galegas. Espero que fracase porque confío en que se está a producir unha gran corrente de opinión en defensa do galego, parafraseando a Mitterrand “unha forza tranquila”. Así o puiden comprobar na manifestación do pasado día 17 de maio en Compostela onde milleiros de persoas diversas, de toda clase e condición, coreamos consignas perfectamente compatibles con calquera galego ou galega que simplemente ame a súa lingua. Penso que a mellor forma de evidenciar a utilización electoralista da lingua por parte do PP é precisamente apoiar este gran movemento cidadán en torno á Mesa pola Normalización Lingüística e fuxir de cortoprazismos partidarios dende dentro e dende fora da propia Mesa. É a esta a quen lle corresponde a responsabilidade de configurar unha posición con vontade de exercer de columna vertebral da defensa do Galego, con visión ampla e xenerosa, na que poidan verse recoñecidos cidadáns de distintas posicións políticas. Un elemento clave para a extensión do Galego é, precisamente, a identificación da lingua con elementos de prestixio social, por iso resulta imprescindible o uso público da "lingua propia de Galicia" por tódolos representantes e dirixentes sociais, especialmente no caso dos representantes políticos, pero aínda máis no caso do Presidente da Xunta e dos Conselleiros e Conselleiras, que están obrigados por xuramento ou promesa, cando asumen a responsabilidade do seu cargo, ao cumprimento do Estatuto de Autonomía. A estratexia do Partido Popular non é improvisada, primeiro móstranmos unha realidade absolutamente minoritaria, cando non directamente unha mentira, e presentan ó Castelán como lingua en risco en Galicia, dan por feito que se trata dun problema xeral de toda a sociedade e logo “consecuentemente resólvena” aplicando medidas de impacto xeral a problemas que na práctica non existen. Por iso a resposta ten que ser firme e de longo alcance. É necesario que tomemos conciencia do risco no que se atopa a nosa lingua, por iso pídovos que reivindiquemos con tranquilidade no día a día os dereitos lingüísticos dos que falamos Galego, non contra ninguén senón a prol de nos mesmos.

9 comentarios:

sanquera dijo...

O PsdeG como ben dis ten que apoiar á mesa nas súas reivindicacións pero de forma clara e sen ambigüidades non como na manifestación do 17, na que non se lle veu como partido participante. Esperemos a ver se leva a cabo a túa iniciativa de abandonar o parlamento galego cando un deputado exprésese en castelán e que ti uses o galego no senado (axiña que sexa posible).
En canto ao consenso que pide o PP non vos deixedes enganar, pois o consenso xa se alcanzou co plan de normalización dá lingua aprobado por unanimidade no 2004 e o racharon eles porque so pode haber consenso cando eles mandan
Co galego nin un paso atrás senón dentro de catro anos o PsdeG outra vez terceira forza

sanquera dijo...

Outra forma de defensa do galego e firmando o manifesta pola convivencia linguistica, podes facelo aquí http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Xabier Pita Wonenburger dijo...

Brillante comentario

Xavier Carro Garrote dijo...

En resposta a sanquera, xa teño asinado o manifesto, podes consultalo na páxina da mesa.

sanquera dijo...

Dacordo tes asinado, pensei que non,ese é o camiño

José-Luis Prieto dijo...

Dice Xavier: "resulta imprescindible o uso público da 'lingua propia de Galicia' por tódolos representantes e dirixentes sociais, especialmente no caso dos representantes políticos". Nuestros compañeros Alcaldes socialistas de los grandes municipios de las rías altas coruñesas hablan en castellano, y eso no es óbice para que apliquen el mejor municipalismo y la mejor política municipal socialista no sólo de Galicia, sino de toda España.

Dice también: "que están obrigados por xuramento ou promesa, cando asumen a responsabilidade do seu cargo, ao cumprimento do Estatuto de Autonomía.". Prometen no sólo el Estatuto, sino fundamentalmente la Constitución Española a la que aquél se debe, y ambas normas (lo que doctrinalmente se denomina "bloque constitucional") establece la oficialidad del castellano en todo el Estado, y su cooficialidad en Galicia.

Xavier: no te encabezones. A ver si mientras prestamos la atención a la lengua que usa la Conselleira de Sanidade, nos cuela la privatización del Servicio de Salud. Echo de menos en la izquierda no nacionalista (valga la redundancia) la misma oposición al fondo que la que se está haciendo a la forma.

Xavier Carro Garrote dijo...

A José-Luis Prieto teño que dicirlle que o uso do Galego non é unha cuestión de forma senón de fondo. A lingua dun pobo non é só unha ferramenta de comunicación senón unha parte fundamental do seu patrimonio.

Eu non son partidario de imposición algunha, pero expreso a miña opinión libremente.

Non é certo que o Galego, o Euskera ou o Catalán sexan COOFICIAIS nas CCAA correspondentes, ese termo non está na Constitución, son linguas OFICIAIS nos seus territorios.

Por último, non confundas defensa do Galego con Nacionalismo. Eu non son nacionalista, cada vez menos, pero unha cousa é que os partidos nacionalistas sustenten un proxecto político sobre elementos como a lingua e outra é que por mero antagonismo, permitamos que a lingua propia de Galicia se acabe identificando coas forzas políticas nacionalistas.

Ti mesmo manifestas nos teus comentarios e no teu Blog o teu cariño por esta terra. Ninguén ten polo tanto dereito a sentirse máis amante ou defensor de Galicia que ti mesmo. Podes usar ou non o Galego pero recoñeces o seu valor e a necesidade de defendelo e promovelo para evitar que este patrimonio que nos legaron os nosos ancestros se manteña vivo.

Lérez dijo...

sanquera, a Mesa debe mudar certas actitudes patrimonializadoras, o galego é de todos, e se queres facer unha acción plural e conxunta debes ser xeneroso e que todo o mundo decida e participe dende o primeiro momento, quen di o PSdG, di EU, os sindicatos, colectivos diversos, etc. Tamén me gustaría recordarche a caña que lle deu Callón á conselleria Laura Sánchez Piñón, se a tivesemos apoiado máis se cadra non nos mirabamos envoltos en toda esta lea do PP.

sanquera dijo...

Para Lerez-
"Tamén me gustaría recordarche a caña que lle deu Callón á conselleria Laura Sánchez Piñón, se a tivesemos apoiado máis se cadra non nos mirabamos envoltos en toda esta lea do PP."
Que che parece que José Blanco nun mitin diga "yo hablo castellano porque a mí nadie me impone nada"
Paco Vazquez y La Coruña
o trinta e tantos por cento que quere só Castelan.
Veremos con quen consensúa o novo decreto o PP, e o estatuto de provincia para Galicia ten que ter o voto do PSOE.