Lembro cando entrou o Goberno de Touriño, lembro a primeira dimisión dun cargo do seu goberno que foi o Delegado Provincial de Pesca de Lugo. O motivo da dimisión foi enviar un curriculum dun parado a unha empresa por si tiña ocasión de contratalo. O contrato non chegou a facerse e o elemento que forzou a súa dimisión foi que enviou o fax dende o seu despacho.
Comparto a crítica a esta confusión entre ámbito público e o privado, pero agora temos ó "Superdelegado", máis ben "Superdegradado" de Ourense, non cuestionado por unha falla de tacto, nin sequera imputado por un suposto delito, senón condenado por sentencia. Temos ó Sr Rueda que inventou unha praza para poder garantirse o futuro ou ó Conselleiro da COTOP que certifica en falso a realización de obras públicas. E pregúntome eu, o dicionario dimisionario deste goberno terá as páxinas en branco...
1 comentario:
A ver si te crees que todos somos iguales, vosotros que presumís de Honestos tenéis obligación de cumplir la ley y dimitir cuando os toca, pero a nosotros nuestro electorado no nos condena por eso, en el fondo comprenden que tenemos que hacerlo para acabar con vosotros.
Publicar un comentario