4 de mayo de 2009

¿Poden os Deputados falar castelán no Parlamento Galego?

A semana pasada escoitamos ó Sr Feijoo dicir que "aconsellaba ós seus deputados no Hórreo que se non saben falar galego que o aprendan pero mentres tanto que falen castelán sen complexos".

Afirmo: COMEZA A RECESIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO.

 

Paréceme unha inmoralidade, tanto polo contido do que afirma o Sr Feijoo como pola forma de facelo, e sobre todo polas consecuencias.

Porque o contido indica que xa non é preciso que os representantes do pobo, deste pobo, con esta cultura e esta lingua falen galego, só precisan ilo aprendendo cando poidan e queiran, pero falalo nas intervencións parlamentarias ou públicas non fai falla.

Porque a forma e falsaria, e está exposta como unha posición "tolerante", cando o que fai é romper unha costume e unha auto-imposición que cumpriron sempre os tres partidos con representación.

Porque a consecuencia e que se traslade isto a toda a acción política do novo Goberno, por exemplo a Conselleira de Sanidade que nunca fala Galego.

Ocorréseme moitas mais cousas que dicir, todas en relación coa indignación que sinto, pero creo que é mellor facer que escribir, por iso propoño:

QUE CANDO SE PRODUZA A PRIMEIRA INTERVENCIÓN EN CASTELÁN NO

PARLAMENTO OS DEPUTADOS DA OPOSICIÓN ABANDOEN OS SEUS ESCANOS.

5 comentarios:

Artritris dijo...

Eu lembro a Juan Juncal falando castelán no Parlamento non hai moito.

Xavier Carro Garrote dijo...

Outra boa pata para o banco...

Anónimo dijo...

Con estrategas coma ti, Xavier, Feijoo mais anos na Xunta que Fraga.

Por certo, xa que tan galego te volviches agora, non é XaBier?

E por certo (2), en que idioma fala Irisarri?

Xavier Carro Garrote dijo...

Varias cousas:

Eu "non me volvín" galego, eu SON galego, sei quen son e a galeguidade non é un tarro de esencias que alguén atribúe. Non teño que dar explicacións de nada nin demostrar nada. Falo galego dende sempre por berce, nacín na aldea en familia de labregos, sei ben o que son os apeares e as treitoiras. E falo galego por decisión consciente do que significa.

En segundo lugar eu respondo por min non polo resto dos mortais, aínda que sexan militantes do meu partido.

A miña opinión está dita, penso que os representantes políticos galegos deben falar en galego, estes por obriga, e o resto de dirixentes sociais e económicos tamén deberían facelo, porque a extensión do uso da lingua ten moito que ver có prestixio social.

Por certo, son XaVier, porque así mo escribiron cando fun galeguizar o meu nome ó xulgado (fai moitos anos), non é decisión propia.

Anónimo dijo...

¿Viche como sae no Galicia Confidencial o teu comentario en resposta ás críticas sobre a túa posición có galego?

Eu non sei si os Deputados deben abandoar ou non os seus escanos, pero algo hai que facer. Os socialistas non poden deixar a bandeira da lingua en mans do Bloque. Non sexades como eles pero defendede con firmeza a nosa lingua.