Coa que está caendo, coa crise financeira internacional, xurde entre entre tanto índice bursatil unha pregunta transcendente: ¿onde está Rajoy?
Este dirixente irrelevante leva semanas sen dicir nada coherente, claro, tiñan deseñada a estratexia para culpar ó goberno de Zapatero de tódolos males. Pero chegan Bush, Brown, Merkel e Sarkozy e confirman cós feitos que os males do mundo financeiro, e as consecuencias dos mesmos na economía das familias, non eran as políticas sociais de Zapatero senón a avaricia deste capitalismo impaciente que foi subido ós altares polos neocon americanos, coa complacencia ideolóxica do Partido Popular en España e dos correspondentes ideolóxicos nos demais países.
E agora estes mesmos din que as receitas, as medidas que resolveran os problemas son "novas ante problemas novos" pois non compañeiros, son simplemente as "receitas socialdemócratas de sempre", intervención pública para garantir que o mercado cumpre obxectivos de interese xeral.
Pero en todo este tempo o señor Rajoy non tivo a ben manter ningunha entrevista relacionada coa crise, nin cós sindicatos, nin cós empresarios, nin coa banca, nin con outros líderes europeos, aínda que fora só cós do seu partido. !despois di que Zapatero non goberna, que non fai nada¡ Mariano o teu si que é boa vida...
En definitiva, un político prescindible...
5 comentarios:
Pepito Grillo:
Me parece increible,(quizás roza los límites de la legalidad) que utilices imagenes photoshopeadas de compañeros de profesión,con el fin de vejarlo o ridiculizarlo.
En fin,la politica,debería ser el arte del dialogo,y no el desprecio del adversario,allá tu.
Los que si serán prescindibles,serán los parados de Nissan,Seat,Citroen,Ford,GM,porque esas empresas aprovecharan los ERE para deslocalizar la producción a paises en desarrollo.
Aplicarles el remedio socialista de la prejubilación,y asunto solucionado.En Ferrol funcionó de perlas.
Descoñezo si é unha imaxe fhotoshopeada, recollina en internet, e dendelogo eu non a toquei. Adirección e esta por si che interesa: http://lacomunidad.elpais.com/imerburu/posts
Venga el pesoe a criticar a la oposición. Si es que no basta con hacer el trabajo de uno mismo que siempre quedará tiempo y ganas de criticar... Ya se sabe. El virus del buen político: estar siempre en la oposición aunque se esté gobernando.
Cando Zapatero gañou as primerias eleccións, co seu talante de “bambi”, moitos pensabamos que o PP non tardaría en merendalo. Dende unha oposición de lobo feroz na que o PP profetizou que o goberno socialista rompía España, que pronto se descubirían probas que demostraban que os atentados de Madrid foron obra de ETA, e que non tardarían en aparecer as armas de destrucción masiva en Irak... e Zapatero volveu gañar novamente as eleccións.
Agora, esta dereita carca, rancia e crispadora, intenta de novo convencernos a todos de que o culpable desta crise tamén é goberno socialista. Afortunadamente volven a trabucarse, as últimas enquisas así o demostran, pensando que os cidadáns non estamos informados na era da información e pensan que van sacar tallada electoral da crise.
Mariano non da unha, crítica sin xeito, non presenta ningunha alternativa coherente as medidas sociais do goberno, e da banzados presionado pola ala dura do partido. Aznar despreciao públicamente, o eterno perdedor en Andalucía vai por libre e sigue a facer oposición coa loita contra ETA, Esperanza Aguirre pasa de Mariano e está encantada coa proposta de Zapataro para a financiación autonómica... o PP é un galimatías que non o entenden nin eles.
A ver que pasa nos vindeiros comicios electorais, pero si queren ir cambiando de lider non teñen moito donde elixir. Bueno, quédalles Rouco Varela que conserva tódalas esencias do franquismo intactas.

Publicar un comentario