24 de junio de 2008

Curiosa percepción mediática das medidas de Zapatero

Onte o Presidente do Goberno presentou no Consejo Económico y Social o informe anual sobre a situación económica. En primeiro lugar hai que dicir que faino por auto compromiso, xa que non está previsto en ningún procedemento ou precepto lexislativo, faino porque estima necesario que o Goberno, ademais de render contas diante do Congreso e do Senado, tamén o faga diante dos representantes dos sindicatos e empresarios, axentes principais da economía real.

Pois ben, a prensa destacou basicamente dous asuntos, un que "por fin Zapatero asume a existencia da crise", e outro a conxelación dos salarios dos Altos Cargos da Administración Central.

Tiven ocasión de ver con máis detalle as 21 medidas entre as que se atopaban estas dúas, e puiden comprobar que son certamente as menos importantes, as que menos transcendencia terán para os cidadáns e as que menos carácter reformista e racionalizador representan. Quero nesta entrada destacar algunhas que me parecen certamente importantes e que penso deberían ter un maior espazo nos medios de comunicación pola incidencia directa que terán na vida dos cidadáns.
  • Destinaranse 35.000M€ en 2009 e 2010 para liñas de apoio á financiación de PEMES, despois de que xa neste ano se aumentara esta contía de 3.500 a 8.000M€.
  • 2.500M€ para a un Plan Renove para rehabilitación de vivendas, para reincorporar ó mercado inmobiliario vivendas valeiras, e de instalacións hoteleiras para apoiar a expansión dos sectores turístico e da construción.
  • Unha nova regulación para simplificar a tramitación das rehabilitacións de edificios.
  • 1.500M€ para un Plan VIVE para renovar vehículos de máis de 15 anos e introducir outros con menos emisións de CO2.
  • Reforma da Formación Profesional para que recoñeza a experiencia laboral.
  • Liberalización e potenciación do transporte de mercadorías, dos Aeroportos e dos Portos.
  • Melloras no sector das telecomunicacións, como a protección dos dereitos dos usuarios e a ampliación de servicios dispoñibles en Banda Ancha.
  • Lei para a reforma do sector servicios para reducir trabas administrativas.
  • Redución do 20% dos aranceis de Notarios e Rexistradores.
Estas son outras medidas, meramente enunciadas, que o Presidente explicou no día de onte. A pregunta é ¿porque estas non teñen intres para a maioría dos medios de comunicación?

1 comentario:

Rosa Gómez Limia dijo...

As medidas de Zapatero son unha realidade constatable a corto prazo de tempo, pero, lamentablemente, hai xente que non sabe ler ou non quere ler ou interpreta todo "daquela maneira" ¿Ti me entendes? Foi unha gozada charlar contigo esta mañá.
Bicos dende TEO