Á vista das críticas que o PP fai ó Goberno pola crise económica sorprendeme comprobar como a argumentación non versa sobre posibles medidas ou solucións senón sobre unha cuestión terminolóxica.
Dicía Cristobal Montoro que "realmente es una crisis y no una desaceleración". Tamén oín "El Gobierno oculta la realidad y no informa a los ciudadanos"
¡Chorradas! en primeiro lugar, técnicamente estamos nunha situación de desaceleración do crecemento, a palabra Crise, na súa acepción económica é moito menos precisa, segundo a academia da lingua "Anormalidades que se producen en las relaciones de la producción, determinando una serie de trastornos económicos, sociales y políticos". si acudimos a acepcións máis xenéricas, "Mutación considerable que acaece en una enfermedad, ya sea para mejorarse, ya sea para agravarse el enfermo". de feito dicimos que un virus fai crises cando remata o proceso infeccioso e o pacente mellora.
Por iso, ese empeño dos portavoces do PP en proclamar o termo crise, esconde unha incapacidade total para aportar solucións ó problema.
Sube o prezo do petróleo e das hipotecas, hai un parón na construción e na venta de vivendas, ¿Que propón o PP para resolvelo?, nada.
Presentou no Senado dúas iniciativas sobre este tema xunto coas propostas do seu programa electoral, resumindo, unha baixada de impostos brutal que suporía deixar sen capacidade inversora ó Estado en materias tan importantes como as infraestruturas, e unha reforma laboral para reducir dereitos ós traballadores.
Fronte a isto o Goberno está actuando con cautela e senso común, estase iniciando un novo proceso de diálogo social, puxéronse en marcha medidas para que as familias poidan alongar gratuitamente os prazos das súas hipotecas e reducir as cotas mensuais, e anúncianse axudas indirectas para os sectores afectados polas subas dos carburantes.
Dende o Goberno repiten ademais, penso que sen moito éxito, que estamos mellor preparados que outros países para saír adiante. Pois é certo, non só polo superávit que tivemos durante catro anos, senón tamén porque a maioría dos cidadáns teñen garantidos incrementos das súas pensións e salarios acordes có desvío da inflación. En países como Portugal ou Reino Unido, son minoría os afectados por Convenios Colectivos.
Por todo isto creo que é hora de que o PP presente propostas concretas, ou de que critique as que se presentan pero que entremos no debate de fondo e nos deixemos de terminoloxías.

No hay comentarios:
Publicar un comentario