Esta semana tivemos a primeira sesión ordinaria do Senado, constituímos as Comisións de Traballo e celebramos os primeiros debates en Pleno.
Comezamos coa comparecencia do Presidente do Goberno, que xunto con todo o Goberno, compareceu a petición propia para presentar as prioridades da lexislatura. O debate foi de guante branco, cunha parte máis dura en relación á iniciativa de Ibarreche, pero con bo ton dos demais portavoces.
Chamoume a atención a debilidade de García Escudero, portavoz do PP, que fixo unha intervención baseada na súa percepción sobre a lexislatura anterior. Non só non estivo brillante, como ten estado nos pasados catro anos, nin sequera convincente, senón que se notaba claramente que as súas palabras respondían a unha intervención improvisada, sen que se percibira detras unha estratexia clara e determinada por parte do PP para esta lexislatura.
Tamén é curioso ver os temas que tratamos; O PP introduciu dúas mocións, unha sobre a presunta discriminación dos castelanofalantes en Cataluña, Galicia e Euskadi, mediante a que se volve a poñer de manifesto o retroceso democrático e constitucional do PP nesta materia na que está posicionado en presupostos preconstitucionais. Outra moción do PP versou sobre os prezos no sector alimentario, na que propoñían entre outras cousas que o Goberno decidira os prezos en determinados produtos de primeira necesidade.
Por certo esta moción do PP contou có apoio do BNG que inicia a lexislatura pactando có PP en contra da maioría progresista que existe no Senado. Finalmente aprobamos dúas mocións socialistas, unha instando ó Goberno a fortalecer o Diálogo Social como ferramenta axeitada para facer fronte á desaceleración económica, e outra para poñer en marcha unha iniciativa de intercambio de experiencias entre cidades para reducir a siniestralidade vial tamén nos ámbitos urbanos.
Desgraciadamente, rompeu esta normalidade democrática o atentado de ETA desta madrugada. Unha burrada máis nesta espiral de violencia que non conduce a nada. Non vou a repetir tópicos en relación ó terrorismo, pero hai algunha letra miúda que me preocupa, especialmente a incorporación ó terrorismo de xente cada vez máis nova, máis inconsciente... En definitiva que continúa a serpe do odio, da intolerancia, da incomprensión...

5 comentarios:
Alégrame enormemente que sigas en Madrid Xavier, fixeche méritos dabondo para iso, e, necesitamoste en Ferrolterra.
Non me parece nada raro o que comentas do PP e o BNG apoiandose, pois dende sempre manteño a teoría de que os extremos chegan a tocarse, e neste caso tanto un partido coma o outro fan políticas extremistas dabondo como para convertirse na mesma cousa, ou cando menos moi similar.
Moito ánimo benquerido amigo e compañeiro Xavier, contamos contigo, pero non estás só nesta viaxe porque tamén contas con nós.
Á miña amiga Naronesa quero darlle as gracias polo seu comentario.
Teño visto algún Blog doutros compañeiros políticos de diversos partidos, e en moitos deles notase claramente que hai unha especie de círculo blogeiro, si, de tal xeito que uns se escriben loubanzas a outros pero sempre son os mesmos os que participan.
Neste meu Blog pódese comprobar que a maioría dos comentarios son críticos, pero aí están. Algúns son certamente de mal gusto, pero en todo caso cualifican a quen os escribe.
Por iso, graciñas miña amiga polo teu cariño, que nestes meses, entre a campaña e a miña nominación como Senador, recibín tamén de moitísima xente. Nunca esquecerei esas palabras e xestos de recoñecemento.
Pepito Grillo:
buenos días,cambiando de tema (ASTANO),a ver si puedes informarnos,sobre la información que ha salido publicada,sobre un incremento de un 20% en el número de altos cargos(480) que se han incrementado desde el 2004.
si bien es sabido que estamos ante una situación economica delicada (algunos creemos que crisis),una buena politica estaría direccionada a la austeridad y control de gastos.
En cambio se crean ministerios con dudosas competencias...
Que opinas de la cortina de humo,lanzada por el pais y público,con la crisis del PP,y guerra contra la iglesia ,ignorando las cifras economicas de la economia española.
saludos.
Un saludo.
Señor Carro, quero pensar que vostede apoiaría —poño por caso— ao mesmísimo Hitler se fose el o que propuxese unha lei de igualdade de xénero ou, máis sinxelamente, se afirmase que o sol sae polo leste e ponse polo oeste. O que vostede e a naronesa pretenden insinuar sobre o BNG é simplemente falaz. Sorprende que unha moción que pretenda a intervención do Estado nos prezos veña da man dun partido que defende o libre mercado, pero non fai caer na incoherencia a unha organización de base socialdemócrata como o BNG. É o PP —por contradicir o seu liberalismo— e o PSOE —por autodenominarse "socialista" e rexeitar a moción— os que se desvían do que supostamente os seus votantes agardaban deles.
¿Debemos atender, acaso, a quen propón no canto de facelo a o que se propón? ¿Non é iso o tan criticado partidismo?
Pregaríalle que argumente con máis seriedade. Das "conclusións" da naronesa, por puerís, prefiro non debatir.
Un saúdo.
Pois non, meu amigo Cesar, non "apoiaría ó mesmísimo Hitler" aínda que propuxera unha Lei de igualdade de xénero, como ti dis.
Con segundo que compañías non iría a ningunha parte, e ti tampouco. De tódolos xeitos, a coincidencia nunha votación ten a importancia do contido do asunto que se vote e tamén dos aliados que cada quen elixa para sacar adiante as súas posicións. Calquera combinación é lícita e democrática, pero tamén clarificadora do papel que cada partido quere xogar, e o BNG, polo menos algunha xente que eu escoito, quere converterse nun partido bisagra de centro que tanto poida pactar có PSOE como có PP.
Bueno, é unha opción, pero hai que optar, ou se está á esquerda do PSOE (que é a posición na que se senten máis identificados a maioría dos militantes)ou á dereita para ocupar ese novo espazo bisagra. O que non se pode pretender é ser as dúas cousas ó mesmo tempo.
Sobre a intervención do Estado nos prezos, como sabes, as normas da libre competencia dentro da Unión Europea impiden que se determinen os prezos dende os Gobernos, polo tanto votar unha iniciativa dese calibre non ten moita lóxica, especialmente para o PP que anda pelexándose por denominarse Liberal.
Non vexo a relación entre a Socialdemocracia e o establecemento decretado dos prezos. Fai moito tempo que aceptamos a liberdade de mercado, iso si, xunto con políticas de redistribución da riqueza.
Publicar un comentario