9 de mayo de 2008

Financiamento autonómico

O Conselleiro Fernandez Antonio presentou recentemente unha proposta para o debate sobre o financiamento das CCAA. Pártese do diagnóstico do sistema actual que, por ser no seu día mal negociadas as transferencias polos Gobernos Fraga (asumíanse as competencias con menos recursos dos que custaba realmente o mantemento dos servizos), vémonos agora sufrindo as consecuencias dun financiamento insuficiente e con pouca autonomía.

Precisamente a proposta susténtase nos principios de Suficiencia Financeira e Igualdade na prestación dos servizos. Isto parece lóxico, pero si entramos a fondo hai moitas máis cousas que falar.

En primeiro lugar un tema clave, proponse identificar as variables máis significativas que inflúen nos custos reais á hora da prestación dos servizos. Por exemplo, a dispersión da poboación ou a existencia dunha poboación máis envellecida, inciden nos custos da Sanidade ou dos Servizo Sociais.

Outras CCAA dirán que os seus factores de custo diferenciais son a existencia de inmigración ilegal que consume servizo e non conta para o cálculo de poboación, e pode ser tido en conta. En definitiva a proposta Galega, está pensada dende Galicia, resolve os problemas de financiamento de Galicia, pero non é necesariamente negativo para outras CCAA con realidades ben distintas.

Agora debemos buscar o acordo das tres forzas políticas no Parlamento de Galicia para presentar con forza esta iniciativa. E aquí aparece unha vez máis o xeito de entender a política do PP, como estou na oposición opóñome a todo ¡É o meu papel! din sen rubor. pois´éche un papel ben triste ser o partido que nunha soa lexislatura deixa a Galicia sen Estatuto e sen financiamento.

No hay comentarios: