O pasado xoves tiven a fortuna de acudir á presentación do nacemento dun novo "medio de comunicación", unha televisión que funcionará só dende internet.
Paréceme unha iniciativa moi interesante, que pode ser unha boa oportunidade para que a creatividade e a forza que está agromando en Ferrolterra teña un reflexo e unha presencia axeitada no mundo.
Os medios de comunicación formais, están suxeitos a unha estructura física determinada, emiten ou son publicados dende un lugar específico e teñen moi delimitado polas propias licencias de emisión o ámbito territorial. Esto trae como consecuencia que emisoras de radio de ámbito nacional non teñan presencia en Ferrol ou cando menos nalguns concellos de entre Pontedeume e Mañón, ou que televisións locais non acaden a ter cobertura en toda Ferrolterra ou Ortegal.
Esta opción da emisión por internet pode resolver este problema, pero ademais trascende máis aló, xa que permite que toda a información se transmita globalmente a todo o planeta.
Eu felicito a iniciativa, e auguro que si somos capaces de explicar con claridade o que somos e o que facemos veremos con sorpresa como somos mellor do que pensamos e facemos con normalidade cousas que resultaran moi novedosas para outros.
Unha boa proba desta realidade é a experiencia blogeira de Ferrolterra, son moitos os que escriben e moitos máis os que visitan blogs ferrolterranos de todo tipo, incluso ata o punto de interactuar cós medios de comunicación formais.
Hoxe mesmo o Diario de Ferrol recolle un artigo no que o seu autor responde unha entrada miña neste blog. Dende o meu punto de vista, o articulista non responde a ningún dos argumentos que eu revato, só se sorprende dunha expresión coloquial (mala ostia) que non é froito de ningún "estado síquico", senón simplemente unha expresión coloquial que me permito utilizar nun medio de comunicación propio, aberto a todos, pero propio.
Só quixera precisar un detalle, eu non dixen que de non sair elixido Ferrol "quedaría indefensa", só dixen e digo que quedaría sen representación do partido que goberna, non se me ocorre restar mérito algún ós representantes doutros partidos, pero a eles como membros da oposición correspóndelles outro papel, tamén importante e necesario, pero non o de ser interlocutor directo có Goberno por formar parte do mesmo goberno e do mesmo partido.
Para rematar quero decir que esta experiencia novedosa que comenza, Ferrolterrauniversaltelevision nace de mans de Sara Dobarro, que foi como todo o mundo sabe concelleira e destacada militante do Partido Popular, pero sexa o que sexa ou fora o que fora a iniciativa que está presentando é interesante e positiva para Ferrolterra e eu dende o meu blog felicito o acontecemento, por duas razóns:
Primeiro porque creo que en si mesma a iniciativa merece a pena, internet é un medio de comunicación moi potente no que a capacidade de crecemento depende en gran medida da propia creatividade.
En segundo lugar porque, contrariamente á posición do citado articulista do Diario de Ferrol, creo que temos que ser máis xustos e incluso condescendentes, ou cando menos non tan autodestructivos, e ter a capacidade sificiente para recoñecer a parte positiva de moita xente que está traballando duramente por sacar adiante esta comarca. Nesto andamos e seguiremos querida Sara, ánimo...

2 comentarios:
Estoy de acuerdo contigo en que hay que felicitarse por la existenscia de un nuevo medio pero no en la visión de que la falta de cobertura en algunas zonas se resuelva con esta TV pués ya emite por internet el canal 31 (al que no le concedieron la licencia de tv digital) a través de http://www.tvferrol.es/ la TV de galicia en http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&arquivo=0.
Esperemos que la falta de cobertura de esas zonas se solucione con la implantación de la televisión digital terrestre
Comparto o comentario e a matización sobre a publicación de Canal 31 por internet. Seguramente me expresei incorrectamente, non é certo que internet resolva a falla de cobertura de televisión, pero seguiremos tendo problemas de cobertura coas radios, que tamén emiten por internet, pero a xente ainda non está na dinámica de encender o ordenador para escoitar a radio.
Publicar un comentario