Hoxe estivo nun almorzo do Forum Europa Emilio Pérez Touriño, falou dos resultados das Eleccións Xerais en Galicia e aportou un dato sorprendente ós ollos dos que alí estaban, "Galicia aportou 68.000 dos 200.000 votos que aumentou o PSOE nestas eleccións".
Segundo o entender da prensa madrileña parecía que só se acadaran bos resultados para o Partido Socialista en Cataluña, e incluso que o PSC fora o único partido socialista que dende unha Comunidade Autónoma exercera un papel determinante na composición do Goberno. A frase da excelente e ben querida Carmen Chacón "Capitan mande firmes" resumía ó que tal o argumento deste proceso electoral.
Venme á cabeza tamén un recente artigo de Suso de Toro, a quen leo con atención e con quen comparto moitas das súas teorías, no que viña a decir que a pesares do bon resultado electoral o PSdeG seguía sen ter abolengo galego dabondo.
Ben, pois eu non comparto nin esta visión de Suso de Toro nin a percepción madrileña dos resultados electorais ou dos pesos específicos de cada CCAA no "poder estatal".
Comezando polo da percepción madrileña pregúntome, ¿Que estarían a decir os tertulianos e articulistas estatais si Elena Espinosa fose do PSC? dirían que é unha demostración do poder do socialismo catalán que "acapararan un SUPERMINISTERIO no que se decide a estratexia da loita contra o cambio climático, que en definitiva decide a política enerxética, ou a política de auga, a protección do litoral coas implicacións urbanísticas que ten, a política agraria e pesqueira, a aplicación da Ley do Medio Rural...". Ou dito en termos económicos Elena Espinosa controla o segundo Ministerio en capacidade de investimento despois do de Fomento.
PERO NON É DO PSC, E DO PSdeG, e a prensa de Madrid anda entretida en buscar roces entre Solves e Miguel Sebastian ou en atopar a frase máis enigmática de Doña Esperanza. Si, meus Blogeiros, o PSdeG ten neste Goberno tres Ministros, Espinosa, Molina e Salgado. E ten sobre todo un "Vicepresidente" que sen estar no Goberno actúa como tal dende a Secretaría de Organización do Partido, pero por enriba de todo, exerce de galego permanentemente.
Hoxe en Madrid, mostrouse con claridade, con firmeza, con determinación, con datos obxectivos, pero sen alardes, sen estridencias e sen fachenda un Presidente socialista da Xunta de Galicia arroupado pola importante aportación que o socialismo Galego está a facer ó xeito de actuar de facer e de ser do socialismo español.
Por eso creo que nesta ocasión Suso de Toro non acada a entender que as raices do PSdeG son profundas e alimentanse das mesmas entrañas do pobo galego, e que se manifesta de xeito propio, cun modus operandi tan galego que parecendo que non é, é máis que nunca.
Non sei si Suso, como din os de Madrid, "no se sabe si los gallegos suben o bajan la escalera" pero os galegos si sabemos a donde vamos ainda que si nos preguntan contestemos ¿e tí?. O PSdeG sabe ben a donde vai, ten unha base firme, unha estructura espallada por toda Galicia e enraizada en tódolos estamentos sociais, especialmente nos traballadores e traballadoras, Quizais Suso nos ve con ollos de Madrid.

7 comentarios:
Javier, só quero dicirche unha cousa, non cambiastes nada, segues sendo o mesmo: tan pelotillero coma sempre.
É certo que nestas eleccións os Socialistas de Galicia aportaron un bo número de votos e subiro un 2 e pico por cento, pero a realidade é que a comarca pola que ti, teoricamente ibas de candidato, sacou un resultado excelente pero non sirveu para que ti salises elexido, e tiveron que nomearche "a dedo" Senador (que sorte tuvestes). Pero agora xa me explico por que foi. Non cambiastes nadiña.
Un saúdo, e espero que publiques este comentario e non o censures como xa tes feito
solo un apunte en galicia no "desiunamos", almorzamos
almorzos.m. 1. Primeira comida do día, que se fai polas mañás. 2. Nalgúns lugares, comida do mediodía ou xantar.
A Manolo Castro teño que decirche que defendo aquelo no que creo, sempre o fixen e seguireino facendo, e para eso non necesito descalificar a ninguén.
Pregúntome cal é a razón pola que che molesta o contido da miña entrada, creo que porque che costa aceptar os resultados electorais, pero o certo é que en Galicia hai un partido que sube, o PSOE, outro que se mantén, o BNG, e outro que baixa, o PP. E esto non é casualidade, a xente non é tonta si non vota como a ti che gusta, quizais teñas unha percepción da realidade simplemente direfente da maioría. Tes todo o dereito, por suposto, pero non descalifiques, non fai falla. Contame cousas, rebate os meus argumentos pero non te escondas detrais dun adxetivo.
Xúsgame polos meus feitos, polas miñas verbas, critícame, pero con razóns concretas, non con calificativos xenéricos sen fundamento, porque senón eso mesmo é o que afirmas, que non tes fundamento de crítica.
Dis que o resultado das elección non serviu para elexirme e estas equivocado por duas razóns. Primeiro, porque si o resultado de Ferrolterra se repetira en toda a provincia sacaríamos o cuarto, e Segundo, porque a razón da miña designación como Senador (por certo o mesmo que foi Anxo Quintana na anterior lexislatura)foi precisamente un recoñecemento do Partido ós bos resultados en Ferrolterra.
E finalmente, porque non vou publicar o teu comentario si te califica ó que tal.
A Sanquera recoñézolle que ten razón, eu tamén digo almorzo. Penseino cando o escribín e pensei na confusión có castelan, pero tes razón e cambiareino na entrada.
Buenos días:
Finalmente y ante la inoperatividad del gobierno van cayendo uno tras otro los peores augurios que se ciernen sobre la economía.
Se acaba el superavit,se va a entrar en deficit,y se dispara el paro.
Señor Carro,esto mismo se lo dije hace un año.Esto mismo se venía advirtiendo desde hace 2 años.
LLevaban ustedes 4 años en el gobierno a expensas de una economía totalmente dependiente de la construcción.Diciendo a la gente que superariamos a Francia.
Todo eso era humo.
Lo interesante será ver como reacciona la sociedad ante tal situación.Piense que siguen llegando inmigrantes,eso si muchos engrosarán las listas del paro.
En Galicia,seguimos con las "INEVITABLES DESLOCALIZACIONES",curiosamente quieren que los parados vayan al sector naval,ese que usted dice que no es competitivo que China y corea ,barren.
Es decir,pasa lo mismo que paso en Astano.Como otros son más baratos,se van de aquí.
Señor Carro,le invito a darse un paseo alrededor de Astano el fin de semana que venga por su tierra.
Compruebe in situ la realidad de dichas instalaciones,y la riqueza que generan.
Porque en Fene ,el día que se acaben los jubilados,aquí no quedará nada.
Quizás si usted fuese nacido en Fene y no Cedeira,vería las cosas de diferente forma.Porque pasar por delante descorazona a cualquiera.
Pero sigan vendiendonos humo,cuentas de resultados,cifras macroeconomicas,que ustedes han sido los más votados,y por algo será.
Sr Carro, cuando usted dice ... Xúsgame polos meus feitos, polas miñas verbas, critícame, pero con razóns concretas, non con calificativos xenéricos sen fundamento : ¿Se refiere a afirmaciones como las de que el AVE llegaría a Galicia en 2007 ? Sí, la verdad es que la coherencia en sus palabras es tiene una ausencia tan clamorosa como eficaz. Y sí, más que le pese, Usted está ahí " a dedo "... Sé que las verdades a veces ofenden y más cuando pertenece a un partido que desconoce el significado de la palabra sinceridad.
Ó comentario de Juán Pagan recoñézolle o acerto na crítica. É certo que durante a campaña do 2004 saiu publicada unha contestación miña a unha pregunta sobre os prazos do AVE decindo que no 2007 "era posible e necesario". Recoñezo o meu erro, naquel momento falei segundo a información que tiña.
Hoxe sei que a pesares de que na lexislatura pasada se investiu máis que nunca no AVE a Galicia, aquel prazo era unha quimera. Non me doen prendas en recordalo nin en recoñecer o erro.
No tocantes ó nomeamento como Senador sinto defraudarte, non ten máis mérito un mecanismo de elección que outro, e como xa dixen foron os bos resultados do PSOE en Ferrolterra, o recoñecemento ó meu traballo e tamén o apoio mostrado polos axentes económicos e sociais de Ferrolterra as causas do meu nomeamento, do cal me sinto orgulloso e sobretodo comprometido na defensa dos intereses dunha comarca que respaldou o traballo dos socialistas.
Publicar un comentario