Outro elemento evidente de balance da lexislatura son as iniciativas e intervencións parlamentarias.
A iniciativa máis sinxela é a pregunta escrita, e alguns Diputados fan verdadeiras competicións para colocarse en cabeza, pero como se pode comprobar na maioría dos casos preguntando, por exemplo, mecánicamente cuestións procedimentais en relacción a cada unha das partidas do presuposto.
Ó meu entender, os elementos máis axeitados para medir a dedicación e o papel dos Diputados son a participación en Ponencias de Proxectos de Ley e as intervencións.
Os datos poden consultarse na páxina web do Congreso http://www.congreso.es/ pero no cadro coloco os meu datos en comparación ós compañeiros que me precederon. A maioría das miñas intervencións foron sobre asuntos relacionados con Ferrol e omarca: o sector naval, a reindustrialización e o Plan Ferrol, o Hospital Naval, o Colexío Juán de Lángara etc.
En relación ás Ponencias, fun Ponente de 6 Proxectos de Ley, entre os que se atopan 3 que modifican lexislación social que deu lugar ás Folgas Xerais contra o Goberno de Aznar; a restitución no Estatuto dos traballadores da idade de xubilación ós 65 anos, a integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Especial de Traballadores autónomos ou a Ley de Control da Subcontratación no Sector da Construcción.
4 comentarios:
pepito grillo:
Por lo que se ha visto,bien que le han salido telarañas al blog,y muchas veces no has contestado con simplicidad a alguna de las cuestiones,es decir que como todos los politicos,no se mojan y adornan las frases para al final no decir nada,o poca cosa.
Respecto a este año,te olvidas del maravilloso discurso de marzo,donde decías que la ocupación de Astano,es excepcional,que quedará para los anales de la historia de como el poder "convierte" la mente de los politicos.
Es cierto que se han avanzado en muchos aspectos,ya que el PP goberno de espaldas a la gente,y vosotros habeis pecado de lo mismo.
DEspues de 4 años:
-ASTANO sigue infrautilizado,y sin posibilidades de reapertura.
-Turbinas pierde peso en la empresa.
-Ya no se hacen aerogeneradores.
-reparaciones está en el candelero.
-Ya nose incorporarán aprendices y cada vez se subcontratan,con peores condiciones,mas actividades.
Respecto a la economía española en general:
-Sube:
-frutas y hortalizas.
-combustiles.
-piensos y harinas.
-carne y pescado.
-electricidad y agua.
-autobuses y tren.
-hipotecas al máximo.
Bueno,el gobierno que tome el mando,a ver como capea el temporal,por un lado quiero que ganeis las elecciones,para que os comais vosotros mismos el marrón.
un saludo.
Os do PSG, dígoo aquí porque tiña ganas de dicilo, aínda que non sexa o sitio, sodes unha panda de hipócritas.
E digo isto despois de ver o espectáculo que se está montando estes días na Coruña.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 1983 a Lei de Normalización Lingüística. Unanimidade.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba en 2004 un Plan Xeral de Normalización Lingüística. Unanimidade.
Resulta que o PSG (ao igual que todos os partidos políticos) aproba recentemente unha iniciativa para promover o galego entre os cargos públicos. Unanimidade. Incluso co voto a favor de Mar Barcón, concelleira na Coruña.
E agora móntannos este espectáculo? Algúns pensabamos que despois da retirada de Sir Paco o conflito do topónimo e estes debates pasados ían quedar a un lado, pero xa vemos que non, que os progresistas hipócritas seguen a abundar no PSG.
Ninguén lle vai preguntar a Mar Barcón por que votou unha cousa no parlamento e agora fai outra na Coruña? Ninguén vai preguntar a Touriño porque os seus compañeiros non queren cumprir as leis nen ninguén ten pensado facerllas cumprir? Ninguén dentro do PSG vai dicir nin facer nada? Panda de hipócritas.
Meu amigo pepito grillo segue comparando o presente cun pasado inventado. ¿Como estaba ASTANO no 2004? ¿Que carga de traballo tiña? ¿que contratos tiña para o futuro?
Responde a estas preguntas e entenderás que nestes catro anos conseguimos dar ó sector naval na nosa Ría estabilidade de carga de traballo ata o 2014, cousa que non sucedía dende os anos 70.
Si que está infrautilizado, e estamos traballando en novos proxectos industriais que nos permitan reactivalo, pero hai traballando máis de 1000 persoas alí, e serán máis ainda somentes cóa carga de traballo prevista.
O que non imos facer e o que propoñía o BNG, regalarlle o Asteleiro a unha empresa privada, retroceder 30 anos na historia para cometer os mesmos erros do pasado.
Turbinas ten un problema, que Siemens non quere renovar a licencia pola que construíamos eólicos. Estanse buscando outras alternativas que poden dar fruto nos vindeiros meses.
Reparacións está mellor que nunca, e o contrato con Australia fai que o 20% sexa unha cifra maior.
Si que hai novas prazas para rexuvenecer a plantilla, e a empresa auxiliar terá que aportar máis emprego no futuro para dar cumprimento á carga de traballo contratada. Estamos ó límite da plantilla acordada coa UE e non podemos aumentar máis na empresa principal.
En relación á economía e á suba dos prezos, precisamente porque fixémolas cousa ben, estamos mellor preparados para afrontar esta situación. Grazas ó superavit poderemos aumentar o investimento púbrico que compense a desaceleración do sector da construcción, e as políticas sociais e de axudas directas ás familias mellorarán a capacidade dos cidadáns para sair adiante.
No tocante "ó marrón" do que falas, si por algo se nos distinguiu nesta lexislatura foi por non esconder os problemas, non teñas dúbida afrontaremos este e calquera outro problema, sen negalo, con transparencia e resolverémolo.
O internauta anónomo que escribe sobre a lingua creo que debería moderar a súa linguaxe, atribuir as cuitas persoalmente a quen sexa responsable e non meter no mesmo saco a todo o mundo.
Eu crieime naquel tempo no que os pais falaban entre si en galego e ós pequenos en castelan, porque así tiña que ser imperatibamente, porque non había galego na escola, senón bofetóns cando se nos escapaba unha verba, nin había televisión galega nin radio.
Na miña casa si habia libros en galego, que aprendimos a ler e a apreciar gracias a un irman da miña aboa que nos visitaba para recitarnos a Curros e Rosalía.
Eu falei castelan na escola por obriga e represión e un bó día con 14 anos decidin por mim mesmo cambiar ó galego tivera o coste que tibera.
Non só falei en galego e vivin en galego, senón que son gaiteiro de afición e ata o fun de profesión.
Por todo esto, meu rei, simpremente non che recoñezo méritos para distribuir carnes de galeguidade.
Publicar un comentario