Quedan poucas semanas de lexislatura, está a piques de rematar a actividade parlamentaria e creo que compre facer un balance da lexislatura.
Son moitas as cousas que pasaron, moito o traballo que fixemos e moitos os puntos de vista dende os que se poden analizar os resultados, polo que, para non aburrir cunha entrada demasiado longa farei unha serie, tentando tratar tema a tema por separado.
Tamén vos invito a preguntar ou suxerir asuntos sobre os que credes necesaria explicación ou ampliación pola miña parte.
COMENZO POLO MEU BLOG
O primeiro balance fareino sobre este novo medio de comunicación que estou utilizando, o meu Blog persoal. Certamente as miñas espectativas víronse amplamente sobrepasadas, poido confesarvos que me lee máis xente aquí que nos periódicos, (máis de 10.000 persoas) coa ventaxa de que aquí expresome coas miñas verbas sen someterme ás lexítimas interpretacións periodísticas. Pero bueno, o máis importante é que este e un medio directo de comunicación entre os cidadáns e os representantes políticos.
Tamén puiden comprobar que a inmensa maioría dos comentarios, todos salvo un par deles, son respectuosos e procedentes. Con uns estou dacordo e con outros non, pero todos reflicten realidades, xeitos de pensar e motivacións lexítimas e comprensibles.
Aquí compre tamén un comentario sobre a cuestión do anonimato, en principio pacerera que a xente que comenta, se esconde detras dun falso nome para ocultarse. Eu non o percibo así, ó fin e ó cabo si se pon o nome e apelidos, seguramente eu non coñecería á maioría, creo que o propio uso deste medio tan dinámico leva a que ó traveso da participación os internautas construan unha persoalidade que quizais non se corresponde coa súa imaxe cotián. Por eso creo que ese anonimato, máxime cando non supón como teño dito, escondite de ningunha falla de respecto, é un ámbito de creación de persoalidades privadas que favorece a comunicación. Non quero con esto animar tal práctica, pero tampouco aceptarei que se condene sen argumentos.
Foron polo tanto máis de 10.000 visitas en 14 meses, case 350 comentarios, e sucederon ademais neste blog algunhas cousas curiosas. Por exemplo aquí anticipei que Australia nos concedería os contratos de Navantia, ou que teríamos financiación para a conexión por Ferrocarril ó Porto de Caneliñas.
Pois ben, neste comentario vou facer tamén unha premonición que quedará escrita e datada, é moi arriscada, e admito de antemán unha marxe de erro, pero creo que o resultado das eleccións xerais de marzo rondará os 171 deputados para o Partido Socialista. Non é só unha intuición, é o resultado dunha análise das espectactivas electorais, do reparto por provincias e da situación a día de hoxe dos dous grandes partidos. Pode que me equivoque, pero espero que sexa por defecto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario