11 de septiembre de 2007

"Señoritos voraces"

Recomendo a lectura do artigo de Suso de Toro publicado no Pais do Domingo día 9 baixo o título "Señoritos voraces".

Recomendo este artigo e felicito dende este modesto Blog a Suso de Toro pola súa valentía. Eu tamén creo que hai un poder fáctico en Galicia no entorno de determinadas persoas, empresas ou familias que levan mandando en Galicia cando menos dende a guerra civil. Foilles ben durante a dictadura e foilles ben durante o Goberno de Fraga máis preocupado en defender eses estertores deses poderes económico-señoritos que de construir unha Galicia viable cara ó futuro.

Son os mesmos que non soportan que un novo Goberno sen ataduras tome as rendas democráticas do poder e tome decisións sen contar con eles. Téñolle oido a algún destes nos actos oficiais que frecuentan "quienes son estos chiquillos para decir lo que hay que hacer".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi boa resposta á miña pregunta de quén viña sendo a escritora SARA MAGO, si señor. Agora púxomo moito peor coa que se supón famosísima cantante Carmiña la Muradana. O mais seguro é que cante copla española e sexa unha defensora a ultranza dos señoritos da gaivota.
No tocante o tema de Suso de Toro, só direi que ''esos chiquillos'' son, nin mais nin menos, os que os españois elixiron para que os gobernaran porque xa iban moi cheos de aturar os da gaivota......
¡Cousas da demos + cracia, que, por certo, nada ten que ver co DEMO, senón e mais ben todo o contrario!. Parece ser que, según dín, ven a ser un sistema político baseado na aceptación e o recoñecemento da decisión que a maoiría dun pobo toma e emite libremente a través dun sufraxio universal.....e claro, iso pon os da gaivota moi cabreados cando non so éles os elexidos.
¡Por mín que descansen moitos anos...tantos coma os que empregaron en facer-lle as veiras a aquel home nado no Ferrol, moi alto, de voz potente, de talante aberto e dialogante e que sempre acatou sumisamente o poder legal establecido democráticamente aló polos anos 30...!
Polo que díxo un tal Leviatán no foro de O Confidencial, parece ser que anda polo Inferno a gresca cos seus colegas....e todo porque todos éles queren mandar alí tamén.