Xa non estamos en tempos de inventar refrans, pero certamente si "marzo marzolo, turbón e raiolo", setembro merece un refrán referido ó inicio do curso, político, escolar, etc. Quizais "setembro ten por uso, o comenzo de curso".
Xa sei que non é moi bon pero un refran leva centos de anos facerse...
Resulta interesante e instructivo ver como inicia este curso cada persoeiro, todos intentando colarse nalgún titular.
Rajoy o pobre non da arrancado, hai moita xente tirándolle da chaqueta.
En Galicia Nuñez Feijoó segue có Presidente Touriño a extratexia de Rajoy con Zapatero, o menosprezo persoal. Onte chamoulle "presidentiño". Menos mal que os galegos vemos nos "iños" certa cadencia afectiva e por eso non llo tomamos moi a mal, pero alguén tería que decirlle ó "lider" dos populares galegos que a Rajoy foille moi mal esa leria, porque insulta ou menoscaba quen pode e non quen quere.¨. É como si dende este blog e con esta prosa tan básica lle chamara eu escritorciño a Saramago
4 comentarios:
pepito grillo:
Parece que la vision de la comarca desde la lejanía y el poder,se distorsiona gravemente de la realidad.En Ferrol solo hay "traballos de merda",la gente con titulación se continua marchando,pero tu lanzas las arengas de que todo va bien,por el buen camino....
Debes pasar mucho tiempo en MAdrid ,sino, no se entiende.
Ahora mucho hablar de Rajoy,y la derecha fachona,con la que se os avecina:
En agosto 25.000 parados,y a partir de ahora,hasta las elecciones,eso será la tónica habitual.
HAbeis dejado descarrilar la locomotora de la construcción,los tipos de interes,y el alza de precios,las deslocalizaciones.......
A ver como maquillamos todo eso,hasta las elecciones.
¿E quén ven sendo a escritora ésa chamada SARA MAGO?. ¿Dónde se pode atopar algunha obra d'éla? NOn me diga vostede que só escribe para os do PP.....¡Por iso eu non a coñezo!
Ó botafumeiro de Ortegal dicirche que esa escritora "Sara Mago" da que falas eche curman da cantante "Carmiña la Muradana".
A Pepito Grillo gostaríame poder darlle ánimos sen caer para nada na autocomplacencia, só có análise dos datos obxectivos resulta evidente que as cousas van mellor en Ferrolterra, non quero decir perfecto nin inmellorable, porque sería inxénuo e irresponsable.
Gráficamente direiche que temos o camiño ben trazado, temos as ferramentas e os vehiculos para percorrelo, pero temos que andalo nos, tódolos cidadáns de Ferrolterra, coas institucións e os representantes políticos, sociais e económicos afectados, e temos que sofrir as dificultades do camiño, o esforzo e o cansancio.
Eu síntome parte desta marea de cambio e de progreso que traballa por sair definitivamente do victimismo, da crise endémica, do catastrofismo.
Resulta meu amigo, que nesta ocasión Ferrolterra e os seu representantes están dando a talla. Dende a Asociación Impulsora do Plan Ferrol estase mantendo unha actitude de presión propositiva e de traballo, dende os Gobernos de España, de Galicia e agora de moitos concellos estanse a aportar recursos como nunca se fixo, pero non de calquera xeito senón en coordinación estreita cós axentes económicos e sociais.
En definitiva, unha marea de cambio e de progreso que se sustenta no traballo, na determinación de resolver os problemas e de sair adiante, na vontade política e sobre todo, o máis importante, no apoio cidadán que se viu reflectido nos resultados electorais do Partido Socialista nas últimas eleccións municipais.
Invítote a que te sumes, a que sen perder a preocupación lexítima e boa que te move, pases a unha actitude propositiva e activa para axudar a imaxinar e construir o noso futuro.
Publicar un comentario