Vista Galicia dende o aire de noite, non se perciben vilas e cidades, todo parece unha gran urbe. Dende Manzaneda a Ortigueira unha soa cidade, unha ringleira de lucerios que permiten ós cidadáns andar de noite pola leiras e ós animais nouturnos deambular pola terra sen medo a tropezar cun carabullo.
Estes días ando de viaxe por Asturias e lin no períodico La Nueva España unha información sobre a contaminación lumínica. Ia acompañada dun mapa que certificaba a miña teoría, Galicia ten máis intensidade e máis extensión de luz que Cataluña ou Madrid.
Outros paises europeos, como Inglaterra están tomando este asunto moi en serio, esixen que o alumeado público, e os anunciós non reflicten luz cara ó ceo, utilizan sistemas automáticos de detección de paso de persoas con encendido automático en zonas ruais, e limitan a potencia e a concentración de luz nas zonas urbanas.
Creo que debemos tomarnos este asunto tan en serio como os nosos veciños, cós que lindamos ó norte, mar por medio, non só para que os astrónomos poidan ver as estrelas, senón sobre todo porque a enerxía é cara, supón unha parte importante dos gastos dos concellos, producila ten efectos negativos sobre o medio ambiente e ademais resulta obsceno manter toda a noite encendido semellante lucerío.
9 comentarios:
Pepito Grillo.
"creo que ASTANO será agora máis sostible do que foi en ..."
Me parece muy bien,pero en unas instalaciones con capacidad para 3000 personas,en una ciudad donde el trabajo,es más bien escaso y malo,con contratos de mi..,donde la gente joven se va(esta semana se fue un conocido mío para MAdrid),pues que sea sostible,importará para las cifras.
Mira,Aquí "con el PP",no hace mucho,había "barcos" en grada,gente de compañias trabajando,y se veía otro ambiente,y no fue hace 30 años,no,solo hay que remontarse a la serie de "barcos" DISCOVERER ENTERPRISE,SPIRIT y demás.
Y eso,fue con el PP,los malos malosos.
Para la gente que pasamos todos los días por delante del pórtico,que hace falta prismaticos para ver trabajadores,por MUCHO QUE SE REPITA que ASTANO tiene plena ocupación,no nos lo creemos.
Porque hay 300 pelagatos,donde podría haber 10 veces más.
Te doy una solución,aunque en Madrid,no harán ni puto caso.
Trasladar la plantilla que "está" allí,a Ferrol,y meterse de lleno con el Astillero.Que se hagan Ferrys,Offshore,con capital privado.
¿Porque no?.
pepito grillo.
Bueno,ya que veo que el anterior mensaje sobre Astano,como no se ciñe al tema que hablamos,no interesa su contenido,por mi parte ya no continuo en la discusión.
que siga el debate intranscendente.
Por cierto.Si quieres temas de trascendencia(ni tantas gaitas con el revisionismo de Franco,ni que los todoterrenos vayan por pistas,ni el pescado en restaurantes),te cito alguno,como que piensa hacer el gobierno ante que con el "fabuloso" carne por puntos ya no quieren contratar conductores españoles,ademas que sus sueldos son una mierda,y contratan rumanos y portugueses.
Sabes que en la mercante ya no quieren españoles,ni en las plataformas petroliferas.
Pero eso no interesa.¿que piensa hacer el gobierno?.
Prohibir el tabaco,megamultar en las carreteras,poner pisos de alquiler.
Oye,y la burbuja inmobiliaria?¿que?,Sabes cuantas empresas directa e indirectamente dependen de la construccion?.
Ya ves.
Bueno esta noche hay futbol,y formula 1.
Panis et Circensis para el rebaño.
Algunos no nos olvidamos de la penosa situacion de Astano.
ah,y yo os voté en 2004.
Xa,xa por iso Fomento no pon luces na AP9
O transporte publico infrautilizado fronte a sobreutilización do particular.
¿Qué me podes decir do transporte ferroviario tanto de RENFE coma FEVE?. Unha infraestructura infrautilizada.
E o transporte de viaxeiros por estrada que está de igual maneira fronte a un exceso de uso dos vehículos particulares.
A Pepito Grillo dígolle que ten os datos e os tempos desaxustados. Dende que se acabaron de construir os Off Shore en ASTANO ata que o 2005 que voltaron a ter traballo pasaron 4 anos, 3 dos cales gobernados polo PP e lémbroche que non había tin unha punta que clavar, e por suposto tampouco compañías auxiliares.
Xa sei que foi durante os anos de Goberno de Felipe cando vivimos os momentos máis duros do naval, tamén sei que se cometeron moitos erros, pero quero lembrar neste foro que xa na campaña electoral do 2004 dixen que non repetiríamos a historia negra do naval, que tíñamos aprendido do pasado.
Tamén sei que para outros partidos políticos e para determinados foros de opinión foi moi rendible durante estes anos demonizar ó Partido socialista, con razón durante algún tempo, pero as cousas cambiaron, estes novos socialistas de ferrolterra non estamos dispostos a permitir que a crise non teña fin, estamos traballando día a día para sair adiante, e estámolo conseguindo.
Síntocho moito polos que se quedan sen tópicos e sen discurso catastrofista, pero son precisamente os gobernos socialistas na Xunta, en Madrid, e agora en moitos concellos da comarca, os que estamos sacando a esta comarca do fondo do baul da historia, da eterna crise e da tristura depresiva na que estábamos sumidos.
Alguen me preguntaba recentemente ¿Que pasou nas eleccións municipais en Ferrolterra?
Eu respoteille, simpremente a xente dixo "basta de chorar e a traballar"
Ó anónomo "antirevisionista" insístolle unha vez máis que unha cousa non quita a outra. Podemos por suposto falar de todos cantos temas plantexa, pero eu pregúntome: ¿porque non podemos falar do franquismo?,da nosa historia, dos que gañaron e como o fixeron, dos que perderon, das súas renuncias do 39 e tamén das renuncias da transición para poder voltar á democracia. Ou tamén desa transición vixiada polo exército franquista de entonces e pola iglesia que deu como resultado que non se abriran procesos xudiciais contra represores e golpistas ainda vivos.
Xa ves, eu tamén quero falar destas cousas, porque un pobo que olvida a sua historia din que está condeado a repetila. Quero falar disto neste foro e neste momento porque un goberno socialista en Cedeira retirou da rúa un símbolo desa transición mal feita, non do franquismo (o monolito de Cedeira levantouno Leopoldo Rubido no ano 1979 xa morto Franco).
E si a tí ou a alguen lle molesta pregúntome porque será, quizais teñas nostalxia do franquismo.
E remato decindo unha vez máis que as miñas prioridades sitúanse no futuro, en imaxinalo, en construilo, en vivilo, pero estou convencido de que nada desto é posible sen coñecer e recoñecer o pasado.
Delfín trae un tema interesante, o transporte público, especialmente o ferrocarril.
Non sei si será por razóns históricas (noutros paises europeos, especialmente o Reino Unido, o ferrocarril implantouse antes que os coches cunha rede que cubría todo o territorio).
En España, e en Galicia peor, o tren chegou tarde ou foron mal deseñados os traxectos (nada máis ver as comunicacións tradicionais entre as cidades galegas).
Hoxe en día a xente valora moito a liberdade de movimento que proporciona o coche, quizais teñamos que levar ós coches no tren...
Publicar un comentario