Mañán venres ás oito e media da tarde, os tres partidos que formarán o novo Goberno en Cedeira presentarán nun acto público o documento que asinaran para dar corpo ó Pacto de Goberno. Neste documento trázanse os obxectivos programáticos e concrétase como será o reparto de competencias dentro do Concello.
Sen dúbida un acto histórico que marca un novo estilo de gobernar, un novo xeito de relaccionarse cós cidadáns. Creedeme si vos digo que non se trata dunha cuestións menor. Contarei unha anécdota:
O día da festa socialista de peche de campaña recibín varias chamadas ó movil de veciños de Cedeira que me dician, "gostaríame estar ahi con vosoutros, teredes o meu voto, pero non poido ir porque me poden ver, e neste pobo xa sabes".
Nun punto do documento do Pacto de Goberno di:
"Aspiramos a conseguir unha sociedade madura, na que o dereito non se confunda co favor nin o respecto co medo".
Para facer certo este principio fago dende aquí un chamamento a todos e a todas a asistir ó acto, tanto ós que apoiaron có seu voto a algunha das forzas que constituen o pacto como ós que optaron polo Partido Popular. Non é un acto partidario, é un compromiso ante tódolos cidadáns. O novo Goberno será o Goberno de todos e todos deben sentirse representados por él.

No hay comentarios:
Publicar un comentario