Hoxe confirmouse unha gran noticia, Navantia gañou os dous concursos ós que se presentaba en Australia, un para a construcción de dous Buques de Proxección Estratéxica e outro para o deseño e a inxeniería de tres Fragatas que se construirán en Australia.
Gañamos os concursos fronte a EEUU e Francia, segundo declararon fontes australianas por ofrecer a mellor relación calidade-precio.
Estou seguro que pesaron moitos factores, pero especialmente a constatación de que as Fragatas españolas e as que se fixeron para Noruega acadan puntuacións de calidade superiores ás americanas.
Os novos contratos supoñen incorporar a Australia, un pais emerxente no entorno do Pacífico sur, á carteira de clientes de Navantia, xerando unha dependencia tecnolóxica e económica importantísima que non imaxinábamos posible fai unhos anos. Australia esá ampliando a súa capacidade de defensa marítima, e dadas as súas dimensións seguramente este contrato non será o último.
Son case catro anos de traballo cada barco, pódense facer simultaneamente ou non, pero en calquera caso ocuparan ás plantillas actuais tanto fixas como subcontratadas durante máis de catro anos.
¿Lembrades cando dixen no Congreso que si gañábamos os contratos de Australia necesitaríamos as instalacións de Fene, e por eso non podíamos privatizar o asteleiro e prescindir del? Algunha información tiña entón, pero agora poido dicir que tiña ademais razón.
8 comentarios:
Se ha producido una gran noticia para NAVANTIA, es de esperar que los BPO se construyan en Ferrol pero no nos olvidemos que hay otro astillero en el que tambien se pueden hacer y que NAVANTIA reparte sus contratos dependiendo de la carga de trabajo de los distintos centros y llegado el momento constructivo puede desviar parte del contrato.Aunque en cualquier caso no deja de ser una gran noticia
Si é certo que Navantia reparte a carga de traballo, pero sempre en función das capacidades de cada asteleiro, en calquera caso xa está decidido que seran Ferrol e Fene os centros de referencia para estas construccións. Para ter unha idea do que supón este contrato cada un dos dous barcos costa máis que o Porto exterior da Coruña.
Se cada barco costa máis que todo o porto exterior da coruña moitos remos ten que levar para podelo mover.....non vaia a ser que o final non pasen de ser unhas simpres lanchas de vixiancia costeira, Sr. Carro, e por riba os fagan por aló abaixo....xa me entende.
Está simpático o comentario anónimo dos remos, pero é só unha broma. O certo é que os barcos se farán en Ferrol e Fene e que garantirán, xunto cós contratos actuais carga de traballo ata o 2014.
Por certo, outro beneficio indirecto destes contratos recae sobre a actividade civil do asteleiro, carenas e turbinas. Ó elevarse a facturación total aumenta a dimensión do 20% que poderemos dedicar a estas actividades.
Dices "Si é certo que Navantia reparte a carga de traballo, pero sempre en función das capacidades de cada asteleiro, en calquera caso xa está decidido que seran Ferrol e Fene os centros de referencia para estas construccións." y yo te digo que puede haber la intención de que se construyan en Ferrol pero aún faltan tramites para que esto sea definitivo,de hecho cuando el contrato con venezuela tambien ZP dijo que parte se haría en la ría,se puede dar incluso el caso de que un cambio de gobierno de al traste con los actuales responsables,el contrato con Noruega era tres aquí y dos allá y al final se hacen aquí las cinco.
El Cantabria(me parece quese llama así) tambien se esparaba hacer en Ferrol que era el Astillero de referencia en grandes construcciones militares.
en definitiva un gran logro para la industria naval española y esperemos a la firma del contrato y a la designación definitiva de Fene- Ferrol para que la alegría sea total
Ten un pouco de confianza... Tamén cando se debateu o Plan de Barreras no Congreso e dixen que si se ganaban estes contratos facíanos falla Fene, houbo quen me dixo que eran disculpas.
Ten confianza, faranse en Fene e Ferrol, e de feito foron estas e non outras as instalacións que visitaron recentemente os australianos.
Estimado Xavier:
Creo que estamos todos dacordo que o contrato e unha gran noticia para a ria de Ferrol e para toda Galicia, pero tamen sería unha gran noticia que se desviara o trazado actual do AVE para non condenar a mina de serrabal e os postos de traballo actuais; e non só os actuais, por que ese silicio tan valioso traería consigo unha importante industria punteira e tecnoloxicamente moi avanzada que xeraría en Galicia mais e mellores postos de traballo, poñendonos a cabeceira dos investimentos en I+D+i, e axudando tamén a potenciación das enerxías renobables.
Creo que é unha obriga dos nosos representantes defender os intereses dos galegos por riba de todo (cousa que non dubido de ti), pero a veces as decisións salomónicas non son sinxelas de comprender e acarrean consecuencias.
Un fraternal saudo
Usted podrá hablar de calidad y demás zarandajas.Gente de dentro del arsenal,que saben de que hablan y ven bastante información,me comentaron que solo influye en Aegis a la hora de contratar el barco.Antes solo estaba Navantia,como pais de los baratos.A partir de ahora Korea tambien lo podrá instalar.Ahora veremos si se siguen vendiendo barcos...
Publicar un comentario