3 de marzo de 2007

Seguimos con Navantia Fene

Comprendo a desesperación que recollen os vosos comentarios, seguramente nunca superaremos como sociedade o trauma da perda do sector naval daqueles fulgurantes anos 70, pero si todo aquilo se perdeu non foi por culpa nin da UE nin de ningún Goberno.

Xa dixen noutras ocasións que se cometeron moitos erros nos sucesivos procesos de reconversión, pero có sector naval dos anos 70 acabou Corea e a apertura do canal de Suez, e a partires dese momento foron aparecendo outros paises emerxentes dispostos a facer con Corea o que Corea fixo con nos.

Este é un feito irrefutable que conduce ós asteleiros europeos a especializarse en subproductos con alto valor engadido, pero nin así, porque a dinámica sempre se repite, cando se avanza nunha especialización chega por detras outro pais que arrebata esa oportunidade.

Esto mesmo pasoulle a ASTANO, especializouse no off-shore, e foille ben un tempo, ata que baixou o precio do prtróleo, reducíronse os marxes de beneficio e deixamos de ser competitivos. Despois desto 1090 persoas de plantilla estiberon sin traballo durante varios anos, aquilo si que foron anos e activos ociosos.

Esta é a cruda realidade, podemos buscar chivos espiatorios, culpar a un partido político, á UE, á bahia de Cadiz ou simplemente a unha persoa concreta, pero ningunha votación nun parlamento cambia esta realidade.

Eu estou convencido de que a volta ó sector naval civil sería un erro, insisto no que digo en algun comentario anterior primeiro debemos protexer o sector militar que nos está permitindo manter 4000 empregos e que non está suxeito ás normas da competencia e paralelamente traballar no que tanto tempo levamos reclamando A DIVERSIFICACION PARA EVITAR O MONOCULTIVO DO NAVAL. Levo tantos anos escoitando e repetindo estas palabras que retumban nos meus ouvidos.

Xa comentei tamén o exemplo de Xixón, eles perderon no mesmo período que nos 50.000 empregos públicos, xa que alí coincidiron as reconversións do naval, a siderurxia e a mineiria. Pero en vez de loitar contra estes cambios inevitables dedicáronse a elaborar políticas de emprego dende o ámbito local, investiron en formación, en promoción económica e empresarial, fomentaron a economía social, e fixérono todo con pactos con empresarios e sindicatos. Levan 20 anos traballando nesto e dedican moito presuposto e moitos recursos humáns. Os resultados son espectaculares, anímovos a que consultedes a Pax. web do concello.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

VALDEMORO POR LA HONRADEZ DE EVA BOROX

Anónimo dijo...

Comparto totalmente lo que dice Ud en este comentario, es cierto que llevamos años pidiendo la diversificación, y no entiendo como de repente los medios de comunicación e incluso algun partido que presumía de ser de izquierdas se apuntan ahora ala vuelta a lo privado y a la construcción naval civil.

La gente tiene poca memoria, pero yo le diré Sr Carro que antes del acuerdo del 2004 los 1000 trabajadores de ASTANO llevaban 3 años paseando por la factoría, eso si que eran activos ociosos, pero entonces el Bloque no pedia la privatización, pedia un Complexo Naval Público na Ría de Ferrol.

¿Como se puede cambiar tanto en tan poco tiempo? ¿es que ya el poder los ha corrompido?

Con respecto a su coherencia, cuestionada estos días, yo recuerdo sus entrevistas en la TV de Ferrol durante la negociación del acuerdo y decia Ud lo mismo que ahora, es posible que entonces no me gustara mucho, pero veo que sabe de lo que habla. Siga trabajando y no se entretenga en contestar algunas de las estupideces que le dedican en su blog.