6 de febrero de 2007

Touriño e Zapatero actuan en favor de Galicia

Ainda que sempre se espera que os Presidentes do Gobernos non se reunan para tomar café, senon para impulsar proxectos e iniciativas, nesta ocasión a reunión de Touriño e Zapatero aborda as principais necesidades de Galicia, e incluso sorprenden positivamente cun compromiso non esperado sobre a Cidade da cultura. Incluese a continuación un resumo dos contidos da reunión.

CIDADE DA CULTURA

O PRESIDENTE DO GOBERNO, JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO, MANIFESTOU O SEU COMPROMISO DE CONVERTER A CIDADE DA CULTURA NUN PROXECTO DE ESTADO

O ESTADO PASA A IMPLICARSE NUN PROXECTO QUE TEN TODO UN POTENCIAL DE POSIBILIDADES PARA ACTUAR COMO PONTE ENTRE EUROPA ( España) E IBEROAMÉRICA

QUEREMOS QUE A CIDADE DA CULTURA XOGUE UN PAPEL DE ENLACE ENTRE EUROPA-ESPAÑA CON IBEROAMÉRICA

A CIDADE DA CULTURA XOGARÁ UN PAPEL PREPONDERANTE EN ACHEGAR A INDUSTRIA DO CINE OU AS LETRAS A OUTRAS CULTURAS

ACORDOUSE A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE TRABALLO ENTRE O ESTADO E A XUNTA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO. POR PARTE DO ESTADO ESTARÁN A PRESIDENCIA DO GOBERNO, O MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E O MINISTERIO DE CULTURA


AVE VIGO-OURENSE

GALICIA PODE TER A CONFIANZA CERTA DE QUE EN CINCO OU SEIS ANOS A REDE DE CIDADES DE GALICIA ESTARÁ CONECTADA EN ALTA VELOCIDADE CON MADRID EN MENOS DE TRES HORAS

RODRÍGUEZ ZAPATERO EXPRESOU O SEU COMPROMISO DE QUE VIGO ESTEA CONECTADA EN ALTA VELOCIDADE CON MADRID A TRAVÉS DUNHA CONEXIÓN DIRECTA, POR CERDEDO

A CONEXIÓN EN ALTA VELOCIDADE ENTRE VIGO E OURENSE É UN INFRAESTRUTURA COMPROMETIDA NO PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS E TRANSPORTES (PEIT)

O PRESIDENTE DO GOBERNO, JOSE LUIS RODRIGUEZ ZAPATERO CONSIDERA ESTRATÉXICA A CONEXIÓN EN ALTA VELOCIDADE ENTRE VIGO E OURENSE

O ESTUDO INFORMATIVO DESTA LIÑA SAIRÁ Á EXPOSICIÓN PÚBLICA NO VERÁN DE 2007 E SOMETERASE Á DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL A FINAIS DESTE ANO

EN 2009, DARAN COMEZO AS OBRAS DA ALTA VELOCIDADE ENTRE VIGO E OURENSE QUE ESTARÁN FINALIZADAS “NUN PRAZO DE CINCO A SEIS ANOS” DESDE HOXE

O INVESTIMENTO PREVISTO PARA LEVAR A CABO ESTA CONEXIÓN ASCENDE A UN MÍNIMO DE 800 MILLÓNS DE EUROS

CON ESTE GOBERNO, PRESIDIDO POR RODRÍGUEZ ZAPATERO, SI HAI COMPROMISO, SI HAI UN PROXECTO DE ALTA VELOCIDADE PARA GALICIA E PARA VIGO

AGORA SÍ HAI AVE A VIGO, O TEMA QUEDA PECHADO, QUEDA CONSOLIDADO CO APOIO DO PRESIDENTE DO GOBERNO

NAVANTIA

RODRÍGUEZ ZAPATERO COMPROMETEUSE A ESTUDAR AS POSIBILIDADES DO PROXECTO PARA NAVANTIA PRESENTADO POLA XUNTA NO MARCO DA NORMATIVA COMUNITARIA

SABEN QUE HAI DIFICULTADES, PERO O PRESIDENTE ESTÁ EN DISPOSICIÓN DE ESTUDAR O PROXECTO

O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA REUNIRASE CON CARÁCTER INMEDIATO COA COMISARIA EUROPEA ENCARGADA DA MATERIA PARA PLANTEXAR O PROXECTO DA XUNTA

A XUNTA E O GOBERNO CENTRAL APOSTAN POR GARANTIR CARGA DE TRABALLO PARA OS ESTALEIROS PÚBLICOS DE NAVANTIA EN GALICIA

PRESIDENCIA DO GOBERNO ASEGURA QUE A CONSTRUCCIÓN NAVAL DE CARÁCTER MILITAR EN GALICIA É UNHA PRIORIDADE PARA O ESTADO.


O PRESIDENTE TOURIÑO PLANTEOULLE A RODRÍGUEZ ZAPATERO A CONSTRUCCIÓN DA SEXTA FRAGATA EN NAVANTIA, ZAPATERO ACOLLEU MOI POSITIVAMENTE A PROPOSTA (EN “BREVE TEMPO” O GOBERNO GALEGO TERÁ UNHA RESPOSTA Á POSIBILIDADE DE CONSTRUÍR A SEXTA FRAGATA)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Soio faltaría que Touriño traballara en pro de Catalunya ou do País Vasco....¡Non che toca o cara.llo!

Xavier Carro Garrote dijo...

Pois ten razón o botafumeiro de ortegal, só faltaría. Quizás cando escribin a entrada estaba eu pensando nas posicións do PP en relacción ó terrorismo e a súa relación coas victimas, e non me parecía tan evidente esto que si debera ser: que os políticos traballemos para resolver os problemas dos cidadáns.

Anónimo dijo...

Xavier tes que implicarte na defensa do proxecto. Seria dificil entender que non poñades todo o voso esforzo en sacar adiante o tema. Ide pensando en poñer no seu sitio ao presidente da SEPI. O BNG está recuperando moito con este tema e as mu8nicipais están a volta.

Xavier Carro Garrote dijo...

Supoño que o Usuario anónimo se refire ó proxecto de instalación en ASTANO de outras empresas.

Podes estar seguro de que a implicación é máxima, pero como poderás entender as solucións son doblemente complexas, dun lado están as dificultades derivadas da modificación do acordo coa UE, e por outro a xestión dun asunto no que o socio de goberno está actuando máis de cara a sacar votos que a resolver o problema.

Por eso nos toca o papel de poñer sentidiño e traballar discretamente. Finalmente o resultado seguramente o acabarán vendendo outros.

Anónimo dijo...

Xavier, aunque toque "poñer sentidiño" el tema de los astilleros en la ría es una patata caliente, es un tema en el que no caben frivolidades ni medias tintas. No es de recibo que Irirsarri declare que existan planes B, C y D y no los cuente. Entiendo que a veces es necesaria una gra discrección en estos temas, pero no se puede generar ilusión entre la ciudadanía, heblando de retirar la concesión a la SEPI, y luego jugar a la ambigüedad. Si existen otros proyectos LUZ y TAQUIGRAFOS, y si no existen, no vayamos a generar unas expectativas que no seamos capaces de cumplir, porque entonces perdereis toda credibilidad. Esto empieza a recordarme sospechosamente a la fábrica de vidrio...y resulta decepcionante

Xavier Carro Garrote dijo...

Ten razón o anónimo, os asteleiros na ría son unha pataca quente, son o pan e o sal, e por suposto estamos a traballar moi en serio.

É certo que hay outros proxectos, pero eu non poido facer público as intencións ou proxectos dunha empresa privada sen o seu consentimento. Poido decir que hay proxectos relaccionados có sector eólico, có sector de defensa, Caldeirería pesada e Off Shore.

Alguns deles son complementarios entre sí e non resulta dificil de entender que chan industrial con acceso a muelles de atraque e dotado de instalacións básicas de enerxia e servicios é un bocado apetecible para calquer instalación industrial.

Anónimo dijo...

Pro señores, non se enteraron ainda de que Navantia vai a ser deslocalizada i trasladada o Poligono Industrial de Trabe, no Concello de Cedeira, tan pronto como consegan levar o mar ata alí.
O que estan a pensar polo momento e
como cara.llo van a lograr que o mar chegue a Trabe, porque unha vez soluccionado ese problema o demáis será 'cosen e cantar...'.
Outra das posibilidades que teñen e levala pra Capelada, tamén en Cedeira, e cada vez que as chalanas e demáis navíos de ata 3 metros de eslora e alto desprazamento bruto esteñan acabados e rematados, botálos o mar polo peirao da Garita da Herbeira. ¡Non fai falta andar con tanto segredo, xa o sabe todo o mundo! ¡Se dín que ata o PSOE o ten dito no seu programa de goberno
pros próximos catro anos a partires de Maio de 2007!

Anónimo dijo...

Pro señores, non se enteraron ainda de que Navantia vai a ser deslocalizada i trasladada o Poligo Industrial de Trabe no Concello de Cedeira tan pronto como consegan levar o mar ata alí.
O que estan a pensar polo momento e
como cara.llo van a lograr que o mar chegue a Trabe, porque unha vez soluccionado ese problema o demáis será 'cosen e cantar...'.
Outra das posibilidades que teñen e levala pra Capelada, tamén en Cedeira, e cada vez que as chalanas e demáis navíos de ata 3 metros de eslora esteñan acabados e rematados, botálos o mar polo peirao da Garita da Herbeira. ¡Non fai falta andar con tanto segredo, xa o sabe todo o mundo!