Hoxe aparece en prensa unha foto impactante, unha persoa nun estado de deterioro físico evidente. Sexa quen sexa o suxeito, o certo é que a min impresionoume a imaxe.
Non cabe dúbida de que é un terrorista culpable de 25 mortes e que ademais non manifesta arrepentimento algún, polo que moralmente eu tampouco poido perdoarlle. Pero o arrepentimento non é un requisito legal ou formal para sair do cárcere, a xente sae cando remata a condea, e este home rematou a súa condea, e está no cárcere en prisión preventiva en tanto non se resolve un recurso sobre novos delitos que se lle imputan.
Non son un experto xurista, e non quero dende este blog cuestionar as decisións xudiciais, pero penso eu que si o obxecto da prisión preventiva é evitar a fuga, non parece que este home da foto esté como para votarse a correr, en todo caso podería ter arresto domiciliario.
Imaxinade que o recurso se resolve ó seu favor, que os delitos que se lle imputan se consideran xa xulgados e polo tanto queda en liberdade. ¿E si morre primeiro?. Xa sei que a folga de fame é voluntaria, pero cando a xusticia se percibe como rebancha non se fortalece, e polo menos a min deixame un sabor amargo.
Sempre lembro unha anécdota que me tocou vivir con Dionisia, unha das dirixentes das nais da praza de maio arxentinas. Bueno, Dionisia é de Cedeira, e durante a dictadura entraron na casa e levaron ó seu fillo e á súa nora. Nunca máis apareceron e así comenzou a súa loita.
Pois ben, éu coñecina cando veu a Galicia a facer campaña en apoio da iniciativa do Xuiz Garzón para encausar a dictadores arxentinos. Estábamos nunha rolda de prensa en Ferrol e ela explicou o seu caso persoal e a causa na que estaba comprometida con tanto dramatismo que os periodistas que tomaban nota expresaban a emoción e o dor nas súas caras.
Nas preguntas unha periodista preguntoulle con voz entrecortada: ¿Desexa vostede a pena de morte para os que mataron ós seus fillos?. Eu pensei que unha resposta afirmativa estaría xustificada polo sufrimento persoal; pero ela, ergueu a voz, apretou os puños na mesa e cravando os ollos na periodista díxolle: EU NON SON COMÁ ELES, EU QUERO XUSTICIA, NON VINGANZA.
1 comentario:
Dionisia debería voltar pra dar-lles unhas leccións os Blases Piñares, Aznares, Acebes, Michavilas, Esperanzas Aguirres etc. etc. porque lles farían moita falta para ver se aprendían algo dunha Señora coma Dionisia.
Pois mire como son as cousas Sr. Carro, se vostede fai unha enquisa en Cedeira estou por asegurar-lle que de 1000 persoas, coñeceráia sóamente unha ou duas. Así é Cedeira pro o malo é que non parece ir a millor.....
¿Cántos se apuntaron pra promover a sua iniciativa en pro do Gaiteiro de Breixo, Don Xosé Antonio Bellón, alias 'Aires de Breixo' ou 'Abetuó'?
Sempre nos queda a esperanza de que en Maio empecen a cambiar as tornas....
Publicar un comentario