18 de febrero de 2007

Presentación da Candidatura do PSOE en Cedeira

Onte tivemos a presentación da Candidatura Socialista no Auditorio Municipal de Cedeira. Falamos Dolores Villarino, o candidato, Xosé Luís Vergara e máis eu. O acto, como tódolos mítines políticos tivo a súa liturxia, pero todo saiu ben.

O sorprendente para todos foi a gran asistencia de público. É certo que foi ben anunciado, con octavillas, prensa e megafonía, pero era sábado de Antroido, varias agrupacións musicais estaban de viaxe fora da vila, choveu todo o día..., bueno, en definitiva naide esperaba que se enchera o aforo, pero encheuse, completamos abaixo e tivemos que abrir o galiñeiro que tamén se ocupou.

Penso que non é só cousa de número, había na xente alegría e ilusión polo cambio que se aveciña. Algún dos intervintes dixo "os tempos son chegados"...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ogalla me engane, pero como dí un que eu coñezo, no pobo do deixa xear (cedeira), dame que as cousas van quedar o mesmo que estaban.

Ogalla me engane.

Anónimo dijo...

Tén moita razón o anónimo, na Vila a parte de burros gústalles que os apaleen, e como xa están tan afeitiños dende fai máis de 30 anos, o conto vai a seguir sendo o mesmo. O masoquismo é o que ten....

Anónimo dijo...

menudos democratas sodes o anonimo e o rumbeiros, se no vos votan a vos son unhos burros, xa vexos por donde vides. Pois sinto moito, pero esta vez os dos PSOE co candidato que lveades e con pasriño este do Blog vades ter malos resultados, que Zapateros vos ampare.

Xavier Carro Garrote dijo...

Non parece que asinando como anónimo teñas moito creto para colocar carteis de demócratras a ninguén.

Penso que este último anónimo non coñece ó candidato, non sabe da súa traxectoria, da súa coherencia vital, dos seus anos de loita, da súa ausencia total de persoalismos espúreos, da súa capacidade de traballo, da súa formalidade, do seu amor a Cedeira, ou dos seus principios.

¡Que sixelo é menospreciar ós demais escondido tras o anonimato!

Pero non te equivoques, quen quedas desacreditado eres ti.