20 de febrero de 2007

A miña intervención na presentación da candidatura do PSOE en Cedeira

Boas tardes a todos e a todas e moitas gracias por estar hoxe aquí, neste acto tan importante para os socialistas, para Cedeira, e tamén para min persoalmente.

1. Para os socialistas porque presentamos unha candidatura para ganar e gobernar. Esta vez si, esta vez queremos ganar, queremos un alcalde socialista porque aprendemos dos erros do pasado e porque imaxinamos unha Cedeira mellor. Porque as ideas e as políticas que están dando tan bos resultados en España e en Galicia, son posibles e necesarias en Cedeira con Xosé Luís Vergara como Alcalde.

2. É un acto importante para Cedeira, porque esta é a única candidatura que representa unha esperanza de traballo e de futuro para todos.
Porque detrás dela hai un partido serio, un Goberno na Deputación, un Goberno na Xunta e un Goberno en España. Todos eles, comprometidos coa xente, comprometidos coa Creación de Emprego, coa Educación, coa Sanidade, cós Servicios Sociais, coas infraestructuras.

3. Finalmente é un acto importante para min porque comparto atril con dúas persoas que quero e admiro.
- Dolores Villarino e a primeira muller Presidenta do Parlamento galego. É presidenta do Parlamento e podía ser calquera outra cousa.
Poucas persoas hai na política galega tan recoñecidas, tan solventes e tan competentes. Tocoume colaborar con ela na redacción dos programas electorais na área de economía e emprego, e poido dicirvos que con Dolores se traballa moito, pero aprendese moito máis. Gracias Dolores, por estar hoxe aquí con todos nos.
- De Xosé Luís podería falar toda a tarde, pero corro o risco de emocionarme, polo que só vos direi que e un luxo telo como candidato. Eu que o coñezo ben, dígovos que encabeza a candidatura porque sempre foi o seu desexo secreto, porque leva pensando neste momento, en que facer e como dende hai moitos anos.
A súa capacidade de traballo e como unha locomotora, pero ademais, como sabe moi ben cara a onde vai, os resultados son sempre excelentes. Cando colla o concello por banda e poña esa máquina a funcionar, entonces compañeiros si que se vai notar o cambio en Cedeira.

Amigas e amigos, como di o noso himno, “os tempos son chegados”, teño esa sensación, ese palpito. Estamos no momento preciso coas persoas axeitadas. Esta é a gran oportunidade, por eso vos pido axuda e ilusión.
O certo é que dende que Touriño e Zapatero son Secretarios Xerais e Presidentes en Galicia e España respectivamente, Vergara e máis eu estamos especialmente identificados con este xeito de facer as cousas, con este talante, cun estilo de goberno que cumpre os compromisos electorais, que respecta ás institucións e á oposición, que busca sempre a participación dos cidadáns e a estructuración democrática da sociedade, que resolve os problemas con visión de futuro e non coa vista posta na prensa do día seguinte, que usa como mellor propaganda os resultados das medidas que se toman.

Frases todas estas en linguaxe moi político, pero que se resumen nunha máxima breve e profunda que me repetía meu abuelo Salvador, “facer ben nunca e mal”.
Así somos, así actuamos, así nos presentamos hoxe ante vos, porque defendemos unha sociedade máis xusta e solidaria, máis habitable, máis sostible, máis boa, porque esto nunca nos pode facer mal.

Prometinlle a Xosé Luís que non falaría mal de naide, bueno, que non falaría mal do PP. Intentarei non facelo, non vou falar deste novo Rajoy, sempre de mal xenio, nin de Acebes e as súas mentiras, nin de Zaplana e os seus negocios, pero si teño que falar do que supuxo para Cedeira ser gobernada durante 35 anos por Leopoldo, coa excepción dunha lexislatura BNG-PSOE. 31 anos gobernados por ese persoaxe siniestro, que entrou de Alcalde no ano 72, cando se autodefinía como carlista. A súa traxectoria parece obsesionada con destruír os elementos máis característicos da nosa vila.
- Así có recheo dos xardíns novos e coa ponte nova privou a Cedeira do seu sabor mariñeiro, que se puido conservar facendo as cousas, pero doutro xeito.
- Así aproveitando a construcción do paseo marítimo (que fixo Borrel) destruíu as construccións das fábricas que lembraban un pasado obreiro e loitador, e o campo de concentración que alí existiu durante a Guerra Civil.
- Así foron talados os frondosos árbores que plantou a República pola veira das carreteras e pola veira do río para ser en moitos casos simpremente sustituidos por outros menos frondosos e menos republicanos.
- Así perdemos espacios tan espléndidos como o Floreal, o primeiro Centro de Ocio Polivalente de Galicia, ou o Tres de Ouros.
- Así cambiamos o precioso muíño da Acea por unha mentira de polígono industrial.
- Así tivemos primeiro na Xunqueira e logo na Candieira o vertedoiro municipal, por certo erradicado para sempre por un concelleiro socialista.
- Así fomos perdendo unha a unha, algunha das máis bonitas e representativas casas do noso casco antigo. Etc., etc., etc.

É unha historia de degradacións que circula en paralelo con algunha grande obra, quero citar unha:
- O colexio novo, o colmo do absurdo. Voullo explicar a Dolores por que si non no se cree. Pois mira, había un Colexio no medio do pobo que se quedou pequeno, porque non tiña aulas nin instalacións complementarias.
Entón, nun patio que había fixeron outro colexio novo con dirección aparte, e máis un minipatio, separado do outro medio patio por un muro. O colmo é que castigaban ós pequenos que falaban por riba do muro cós seu veciños e parentes do outro colexio. En fin, todo moi pedagóxico.

Tamén foron anos de macroproxectos sempre anunciados e nunca feitos, na súa web aparece o programa electoral das pasadas eleccións e as prioridades son:
- Mellora das entradas a Cedeira e outras novas.
- Porto deportivo.
- Camping
- Rede de gas
- Escola Taller
Nada está feito, a súa palabra non vale nada.

Esta política municipal resultou catastrófica para Cedeira, pero non é só unha cuestión de obras ou investimentos, tamén se trata de actitude, de como actuar ante os problemas.
Por exemplo, cando algún colectivo laboral ou social tivo algún problema, algún asunto que resolver, ¿Que papel xogou o Concello, o Alcalde? Pois, simplemente, Leopoldo xamais sirveu de ponte, de valedor, nin siquera de tramitador de ningunha reivindicación social en Cedeira. NUNCA. Dous exemplos:

1. ¿Donde estibo Leopoldo o día da carga policial contra os percebeiros? ¿Ó lado da xente da vila? Non, ó lado de Diz Guedes dando a orde de cargar contra homes mulleres e nenos.

2. ¿Donde estibo Leopoldo cando caeu o teito do colexio ferindo a varios nenos? ¿Reclamando atención e solucións da Xunta de Galicia? Non, encubrindo ó Delegado de Educación, e chamando á Delegación do Goberno para desaloxar pola forza ós pais que se pechaban no Concello.

Nestes 30 anos escuros eu votei en falta moitas cousas, pero dóenme especialmente catro:

1. Dóeme a falla de democracia. Sinto recordalo, non é revanchismo, é historia, este concello levantou un monolito a Franco no ano 79, cando xa votáramos masivamente a Constitución. Pero refírome á ausencia de xestión democrática no concello, á falla de transparencia, á arbitrariedade, á falla de canles de participación cidadá.

2. Dóeme a nula preocupación polo emprego, polo futuro das xeracións que pasan e pasan e todas teñen que marchar. A nula preocupación polas nosas pequenas, pero nosas, e por eso importantes industrias, polo comercio, polos sectores productivos básicos, o mar, a madeira e o campo.

3. Dóeme que dende o Concello se boicotearan sistematicamente todas e cantas iniciativas partían espontaneamente do pobo, para afirmar lapidariamente ó final do conto “es que la gente de Cedeira no te es unida, siempre acaba mal”.

Pois non, non é certo, o certo é que nun pobo pequeno, sen ningún tipo de axuda, hai sociedades culturais que levan 20 anos funcionando, que festas como a Xira, o Samain, o Volve á Vila, a festa das Setas ou a do Percebe, existen e son queridas pola xente aínda que nunca tiveron apoio por parte do Concello.

4. E o peor, o que máis me doe e ter a sensación de tempo perdido, a sensación de que puidemos ser outra cousa si as políticas dende o Concello foran outras.
Vemos como outras vilas cércanas aproveitaron as circunstancias para conseguir grandes investimentos, e nos, que tivemos Alcalde e Senador do PP cando o PP gobernaba en todas partes, nunca tivemos a atención dunha inversión importante, sacando claro está, a fonte da Praza Roxa que veu inaugurar Fernández Albor. ¿Non sabedes cal é? Non claro, nunca votou máis dun grolo de auga. Era tan insignificante que acabou debaixo do cemento da Praza Roxa e só se conserva a placa conmemorativa.

Pero si estes 30 anos de dereita en Cedeira nos trouxeron estes resultados, esta última lexislatura foi especialmente amarga e aburrida, simplemente a lexislatura do letargo, da inacción, da apatía, da ausencia... en fin catro anos perdidos.

Paralelamente, neste tempo, dende os Gobernos da Xunta e Central estamos impulsando unha enorme transformación política, económica e social na que Cedeira necesita engancharse. Da Xunta falará Dolores, eu quero só aportar unha reflexión sobre os resultados das políticas do Goberno de Zapatero:

A economía está medrando máis que nunca, tamén o emprego, que gracias ós acordos do diálogo social é cada vez máis estable.
Esta evolución económica xera superavit real das contas públicas, circunstancia que se está aproveitando para poñer en marcha novos Servicios Públicos, como o Sistema Nacional de Atención á Dependencia.
Con esta lei os nosos maiores recibiran un servicio ou unha paga complementaria á súa pensión cando chegue o momento de necesitar coidados e apoio. Terán a liberdade de elixir como queren acabar os seus días.
Estes son os verdadeiros resultados do Goberno, por eso o PP non fala deste temas e utiliza o terrorismo como látego contra Zapatero.
Pero eu dígovos unha cousa, a última páxina de ETA non está escrita, pero está próxima, e dirá simplemente FIN.

Pero, visto dende aquí, dende esta esquina do mapa, ¿En que cambiaron as cousas có Goberno Socialista?. Pois por exemplo pasando dun investimento do Estado de 16m€ có PP no 2004 a 84, 116 e 145 m€ nos anos 2005, 2006 e 2007 respectivamente.

Outro exemplo é o Plan Ferrol, mediante o cal o Mº de Industria e Xunta estamos apoiando a industria nas comarcas de Ferrol Eume e Ortegal con 60 millóns de € ó ano.
En Cedeira, no ano 2006, tres empresas acolléronse ás axudas creando 32 postos de traballo. Por certo, nestas axudas hai unha partida para os concellos. Cedeira, non levou nada, ¿Sabedes porque? Por que o Concello nin sequera presentou a solicitude.
Nin se fai nada, nin se solicitan axudas que se poderían estar recibindo, nin se deixa traballar a quen traballa. Unha pena.


Para rematar quero evocar a Cedeira que, Xosé Luís e máis eu, tantos anos levamos soñando, e que por primeira vez estou convencido de que podemos construír.

Unha Cedeira na que o Concello sexa a casa de todos,

- Cun Alcalde e un Goberno municipal que escoite, que axude, que impulse, que defenda os dereitos da xente,
- Un Alcalde que aprobeite o impulso social dos Gobernos da Xunta e Central para facer realidade a atención á dependencia, para que os nosos maiores estean atendidos como eles queiran e non como só como malamente poidan.
- Un Alcalde que disfrute cós éxitos individuais e colectivos de cada cidadán, de cada proxecto empresarial, de cada sociedade cultural e deportiva.
- Un Alcalde que deseñe un urbanismo pensado para que o noso teña máis valor, e produzca máis beneficios, para que Cedeira sexa máis habitable, máis agradable, non para que veñan a facerse ricos catro pillos.
- Un Alcalde que protexa o medio ambiente, o litoral, o mar, a Capelada.
- Un Alcalde que traballe coa xente do mar para unir a costa e mellorar o valor dos nosos recursos.
- Un Alcalde que atenda as ideas dos propietarios forestais.
- Un Alcalde que pense no futuro dos nosos fillos, na creación de emprego, na educación, na cultura, nas oportunidades.
- Un Alcalde con capacidade de interlocución, coa Deputación, coa Xunta, có Goberno Central.
- Un Alcalde que dote dos mesmos servicios e comodidades ós veciños das parroquias e ós do casco urbán.
- Un Alcalde honesto, un home bo e xeneroso, o meu amigo Xosé Luís Vergara.
MOITAS GRACIAS

No hay comentarios: