4 de febrero de 2007

¿PODE ASTANO VOLVER á CONSTRUCCIóN CIVIL FORA DO 20% DE NAVANTIA?

REPRODUZCO AQUÍ O ARTIGO PUBLICADO HOXE NO DIARIO DE FERROL

Si, pero a pregunta clave non é esta, senón ¿como? Pois ben, a pesares do ruído das últimas semanas, a cousa é sinxela e clara. Cando se negociou o acordo do 2004 coa UE e os sindicatos, os asteleiros públicos (IZAR) estaban transguedindo as normas de competencia por recibir axudas públicas ilegais.
Para restablecer a competencia tíñamos dúas opcións; a primeira abonar as sancións e deixar as cousas como estaban, o que suporía a quebra a medio prazo ó non poder continuar coas axudas públicas. A segunda opción, a que abordamos, resumese en "saír do control de competencia do mercado de construcción naval civil europeo". Constitúese unha empresa pública dedicada á construcción militar, Navantia, na que se nos permite un 20% de construcción civil e os asteleiros que quedan na antiga IZAR privatízanse e desvincúlanse das axudas públicas. O sector naval público sae do mercado.
Optamos por esta vía, non por capricho, nin por imposición da UE, senón seguindo as reivindicacións de sindicatos e partidos políticos que unitariamente nos colocamos detrás das pancartas en contra da privatización do sector naval na ría de Ferrol.
Neste intre, a plantilla de Navantia en Ferrol e Fene, xunto con 2.000 persoas de compañías auxiliares teñen carga de traballo garantida ata o 2012, pero é certo que, o mesmo que en Galicia hai moita terra baldía que se podería labrar, da que dará conta espero Suárez Canal, en ASTANO hai instalacións ociosas que poderían ocupar a máis traballadores. Comparto polo tanto os obxectivos manifestados polo Presidente da Xunta nesta dirección, pero non comprendo como o Conselleiro de Industria se enreda nunha maraña mediática en vez de resolver e pactar os cambios necesarios para poder reutilizar estas instalacións. Como cidadán e como traballador do sector naval pídolle a Fernando Blanco que non alimente falsas expectativas por mero interés electoral. Que traballe discretamente, que resolva os atrancos, e cando teña o problema resolto eu serei o primeiro en aplaudilo e recoñecelo.
¿E cales son eses atrancos? A UE aplica o que no dereito Mercantil español se chama "sucesión de empresa", quere dicir que si en ASTANO, ou en calquera outra instalación de Navantia, se instala outro asteleiro público ou privado, deberá asumir o pago da parte correspondente das multas. Pero se instalamos outra industria que non estea relacionada có sector naval, non hai "sucesión de empresa" e non cómpre a devolución das sancións. A proposta da SEPI para instalar unha empresa do sector eólico, é a proba do nove desta afirmación.
A resolución destes atrancos ten varios camiños, e eu quero posicionarme claramente, non sei se está de moda ou non, non sei se serei alavado ou criticado polo coro mediático, pero estou rotundamente en contra da privatización de ASTANO, igual que a SEPI e igual que a UGT e non entendo a posición dalgúns compañeiros de pancarta que sempre berraron máis que min. Penso que remover a parte laboral do acordo do 2004 é unha loucura e unha traizón ós traballadores, é ademais abre un camiño perigoso para o futuro. Debemos traballar en conseguir novos proxectos industriais complementarios, se pode ser no sector naval ben, e senón tamén.
Temos por primeira vez a oportunidade de afrontar un proxecto industrial para Astano nun momento de creación de emprego industrial na comarca, sen ser no fragor dunha crise, sen ter que afrontar reduccións de plantilla ou medidas restrictivas laborais. Temos ata o 2012, non ata maio, fagamos as cousas ben, dialoguemos coa SEPI, coa UE e cós sindicatos para construír un futuro industrial solvente, e por certo, se toda a vida levamos falando a favor da diversificación, e temos unha oportunidade, aproveitémola.
(*) Xavier Carro é deputado socialista no Parlamento central

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me gustaría saber , la diferencia entre que Astano siga siendo publica sin trabjo , o privada con carga de trabajo .¿lo publico es mejor que lo privado?.

Anónimo dijo...

El acuerdo con la UE ha sido una traición a ferrol y comarca, se cerro ASTANO para evitar que los demas astilleros tuvieran que devolver las ayudas que recibierón ilegalmente.

¿Por que no cerrarón el astillero de Sestao, o Puerto Real...?. ¡Que miedo!.

¿Por que en la reconversión anterior, ASTANO fue el unico Astillero de España al que se le impidio construir buques?

¿Por que es mejor un astilleroa chatarrandose que 3000 empleados eventuales?

¿Por que nuestros representante firman acuerdos secretos con la UE a espaldas de quien les paga?